A historia é teimuda
e case sempre pon a cada un no seu sitio, o que pasou na Casa de
Calzada, agora Exposalnes foi en escándalo en toda regra na época en que se
cometeu xa que o concello de Cambados daquela presidida polo “adoquin” Santiago
Tirado, expropiou a familia Daporta a denominada “Casa da Calzada” por teimosia
e por amolar a Pepe Daporta membro dunha familia eminentemente sempre do
Partido Popular , pero cun fillo “díscolo” que militaba no PSOE. Foi unha
vinganza do PP en toda regra. En 1993 Tirado gastou nada mais e nada menos que
64
millóns das antigas pesetas 390.000 euros, todo un capricho de Tirado. A casa en principio pertencía a Camilo Cid Betanzos, a postre sogro do expresidente da Xunta Touriño quen casara cosa súa filla Esther Cid .
millóns das antigas pesetas 390.000 euros, todo un capricho de Tirado. A casa en principio pertencía a Camilo Cid Betanzos, a postre sogro do expresidente da Xunta Touriño quen casara cosa súa filla Esther Cid .
"Tirado, o alcalde máis terco da hisotira de Cambados" |
Tirado , o primeiro, non
sabia o que facer coa casa e a primeira idea foi convertela en Sede do Consello
Regulador, o que se negou en redondo a ínclita Marisol Bueno, o Consello
Regulador tiña que estar en Pontevedra “a huevos”.
Despois a Xunta que dispoñía de cartos a esgalla fundou esta
especie de chiringuitos para empregar os enchufados do PP denominados
Fundacións Comarcais. A casa da Calzada pasou a formar parte desta serie de chiringuitos, a inda que tiveron
algún utilidade, algúns deles outros nin se chegaron a estrear, fai anos que
perderon moita actividade e hora resulta que non saben facer con eles. Coa
eliminación dos chamados «quioscos» por parte do goberno de Nuñez Feijoo, a
Xunta eliminou as 34 fundacións comarcais que había en Galicia. A do Salnés era
unha delas, e en xuño deixou de existir. Dende entón, toda a herdanza da
fundación está nun limbo cuxo futuro é máis que incerto. Unha peza fundamental
desta armazón é o Centro de Exposición e Promoción dous Recursos dá Bisbarra,
Exposalnés, situado en Cambados.
Dende a Consellería do Medio Rural e do Mar -de onde agora
depende o servizo- informan de que
actualmente se está nunha situación transitoria na que se está a estudar o
futuro non só de Exposalnés, Deus queira a tantas veces denunciada por
prevaricación Rosa Quintana non llo regale o “seu amigo íntimo” Benito Pelea
para facer sabe Deus que”, o mellor un furancho para competir coa “Herrico
taberna de Paco o Chocolateiro”.
Bromas aparte o mellor destino que se lle pode dar a este
edificio é un museo dos dous personaxes mais importantes ate o de agora no nosa
vila tanto a nivel galego como internacional e non son outros que o Ramón
Cabanillas e Francisco Asorey e proceder
o peche polo menos no inverno dos demais museos que veñen a ser
superdefitiarios na vila.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario