5 de xan. de 2012

FALECE “UN GRANDE” DE GALICIA: ISAAC DIAZ PARDO

A derradeira vez que estivo en Camba-
dos Diaz Pardo.(2007)

DESCEDENTES POLITICOS DOS QUE AGORA QUEREN HOMENAXEALO, ASASINARON O SEU PAI NO 36.
O intelectual nacionalista, pintor, ceramista e deseñador Isaac Díaz Pardo faleceu este xoves aos 91 anos de idade no Hospital San Rafael na cidade da Coruña. Segundo confirmaron fontes do hospital coruñés, o intelectual galeguista, que naceu en 1920 en Compostela,
faleceu na mañá deste xoves no centro hospitalario e os seus restos mortais serán trasladados ao tanatorio Servisa, na cidade herculina. 

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto en Compostela en 1920 e a súa educación estivo marcada polo contacto con destacados intelectuais nacionalista do momento, como Castelao; Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, e Vicente Risco. 

Diaz pardo era un bo nacionalista

Participou desde 1936 activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Cultivou, entre outras, o ensaio e a crítica, ademais de dedicarse á pintura e outra facetas. 
Pola súa dilatada traxectoria recibiu numerosas distincións e recoñecementos como a Medalla de Ouro e Fillo Predilecto da cidade de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo das Deputacións Provinciais (1990), Insignia de Ouro (1991) e Doutor Honoris Causa (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela, Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Prata do Padroado da Cultura Galega de Montevideo (1995) e en 2009 a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes de España, entre outras. 
O 24 de novembro de 2007 os libreiros cambadeses Libraría Contos e Ramón Cabanillas dispensáronlle unha calida e merecida homenaxe no que tiven a sorte de estar, creo que fua ultímaa vez que Diaz Pardo estivo en Cambados. 
Descansa en paz este destacado nacionalista, que seguro agora de morte vai ter as homenaxes pola xente de dereitas, goberno da Xunta, que non tivo en vida , descendentes estes ideoloxicamente falando dos que asasinaron ao seu pai no 36. Paradoxas da vida.


Isaac Díaz Pardo e o seu pai Camilo Díaz Baliño asasinado en 1936 cando el tiña 16 anos polos fascistas.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: