13 de xan. de 2012

FALECE O BOMBEIRO DE FAISCAS ERNESTO ABAL

 "IN MEMORIAN ERNESTO ABAL‏"
O bombeiro do grupo de música tradicional OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, Ernesto Abal González de 67 anos, faleceu onte na súa casa en San Adrián de Vilariño - Cambados por un accidente.
Ernesto Abal, home dun corazón inmenso e unha amistade infinita, amigo dos amigos e un apasionado da música tradicional, levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación ademais do seu estilo propio e característico. Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados. Ademáis de todo o que se puidera contar da súa persoa, todo positivo,
foi un home que vivíu dunha forma moi especial e intensa as diferentes actividades culturais nas que participou.

Nos anos 70, foi directivo do Club Juventud de Cambados; tamén durante 17 anos foi o presidente da Comisión de Festas de San Roque en San Adrián de Vilariño; foi presidente e un dos fundadores do Plantel Xuvenil Mocedade de Vilariño, donde nos anos oitenta chegou a ter un movenmeto de actividades culturais como baile, Banda de Gaitas, coro, teatro, etc nas que participaban máis de 200 rapaces da parroquia; participou na comisión da Festa do Labrego, sendo nos primeiros anos un dos seus promotores e colaborador principal; e, como dixemos antes, 20 anos formando parte dun dos grupos de maior prestixio de Galicia, como son OS FAÍSCAS.
En todo o que participou, sempre quixo que a nosa cultura e sobre todo, a nosa música, estivese no lugar máis alto que podamos imaxinar.
OS FAÍSCAS queremos enviarlle unha forte aperta alá donde estea Ernesto e dicirlle que nunca o olvidaremos porque forma parte dos nosos corazóns.

ATA SEMPRE ERNESTO...
NUNCA TE ESQUECEREMOS

Ernesto será velado no Tanatorio de Ribadumia a partir deste mediodía, e o funeral de corpo presente será mañán ás 16:00 h na Igrexa de San Adrián de Vilariño. A condución sairá ás 15:45 do tanatorio.

ASINADO: OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA

 Podes ver un video de Faiscas premendo AQUI       
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

Malena dixo...

Unha fonda tristeza por un home que deu tantas alegrías.
Viva Ernesto, viva "Os Faíscas"!