O presidente
da asociación de comerciantes de Cambados, Marcos González, está convencido de que o cambio de tráfico no
paseo marítimo é positivo e que beneficia a actividade comercial no centro,
pois ten gañado un bo número de prazas de aparcadoiro. "De feito, esa
idea xa formulámola nós hai uns anos. Eu creo que a medida pode ser favorable,
polo estacionamento que gaña,". Con esta actitude ven Marcos a “botarlle unha
man” o seu amigo Luis Aragunde, pois fai
uns días nun periodico de Arousa choveran
criticas o noso Alcalde de todos os lados, aparte da prensa dos propios cidadáns, alguns deles votantes do seu partido, e incluso dos propios comerciantes, e non é certo que se gañaran prazas de aparcamento, perderonse prazas de aparcamento que non é o mesmo. Pero non nos extrana a actitude de Marcos tan belixerante co alcalde de Vilanova e tan “amigo” do Alcalde de Cambados.

Marcos González tamén
quere trasladar o mercado ambulante dos mércores e os sábados á Rúa Nova e Hospital. Dese modo, quedarían
libres para os vehículos tanto a explanada situada xunto á praza de abastos
coma o paseo marítimo. Esta idea, non obstante, non gustou aos ambulantes, que
temían un descenso das vendas co traslado e a cal se opoñen frontalmente, máis ben parecelle unha idea nefasta.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario