1 de xan. de 2012

OS MEUS PARABÉNS A MIGUEL ANXO MARTINEZ POLO SEU ARTIGO NO FARO SOBRE A XENTE DA CULTURA DE CAMBADOS

Miguel Anxo Martinez

Sabedes que me gusta ser moi critico coa prensa de Arousa, sobre todo, non pola xente que traballa nela que me merecen o mais absoluto dos respectos e admiración nalgúns casos, senón pola liña editorial destes periódicos que normalmente é centro dereita cando non de dereita  sen mais. Esta admiración faise palpable en artigos como o escrito onte no Faro de Vigo por Anxo Martinez, un traballo dunha páxina enteira destacando a flor e nata da nosa cultura que como podemos ver no artigo e moi abundante. Frases como “Cambados é unha superpotencia cultural. Ou podría selo.
E é que resulta case imposible encontrar un municipio en Galicia con tanta xente traballando nos distintos campos da arte””, ou como “No Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval repousan os restos mortais de seis xigantes da cultura galega de todos os tempos. Deles, dous naceron en Cambados Ramón Cabanillas e Francisco Asorey  e un terceiro, Alfredo Brañas, pasou uns anos na localidade arousana.” Pouco a pouco vai desgranando  os nos personaxes culturales  e as súas actividades.
Nacido pouco antes das vendimas de 1976 en Vilanova de Arousa, Miguel Anxo Martínez Oubiña e tamén un consolidado escritor, el  soubo plasmar a súa afección polas letras tanto na súa formación persoal coma na súa principal afección. Xornalista de profesión, que exerce na Delegación deArousa de FARO DE VIGO, publicou tres  libros: a novela ´ En precario ´ e a colección de contos ´ Depósito de cadáveres ´. A súa terceira obra é ´ O discurso dos afluentes.
A verdade que paga a pena ver este fenomeal artigo escrito por este gran profesional, perde un anaco do tempo e botalle unha visual premendo AQUÍ.
Preme na imaxe para vela ampliada (Recollido do facebook de Rif Rock)

          

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: