25 de xan. de 2012

VENRES 27-F BRUNO T-FORD NO ENCONTRO DE BARRANTES

O vindeiro venres vintesete   a iso da medianoite o Pub Encontro de Barrantes  acolle unha actuación desas que non se esquecen , todo un espectáculo Bruno Tford é o protagonista desta noite.
Bruno T Ford:  dixo unha vez nunha entrevista que lle fixeron” A primeira vez que subín a un escenario só case mexo por min do medo".
Chegou a Galicia nun camión de bombeiros en 1992 coa súa banda, Río Bravo. Uns anos despois acabou afincándose en Pontevedra.
Traballou  de camareiro no Náutico de San Vicente do Mar durante os veráns Nel tivo a oportunidade de facer jam sessions con xente con bastante clase, nos camerinos, ata a madrugada, como cos Pereza, ou Coque Malla.
Ao principio empezou a tocar con Miguel como dúo. Despois veu o de actuar en solitario. Bruno di aquí hai unha infraestrutura bastante boa de bares para facer música en directo. Non se pode comparar con Alemaña. Aquí hai moitos máis locais, moitas máis oportunidades. Aínda que os cachés non dan para tanto como para poder ir acompañados dunha banda se queres vivir disto máis ou menos. Así que se pode dicir que empezou cos concertos en solitario máis ou menos involuntariamente. Como describiría o seu espectáculo?
O seu espectáculo é  basicamente un rapaz que canta en inglés coa boca moi aberta, saltando e berrando, armado cunha guitarra acústica máis ou menos afinada, que mestura cancións propias con versións máis ou menos coñecidas bastante sesenteiras e setenteiras, aínda que logo fai temas dos  Red Hot Chili Peppers ou Jimi Hendrix.
Decidiu empezar a tocar a iso dos 12 anos. Culpa da súa nai. A ela sempre lle gustaron os Beatles e regaloulle unha guitarra. Aos 22 ou así veuse dando conta de que era a única cousa que quería facer. Non está ben remunerado, si, e reflicte certa inmadurez, tamén. Pero a el  é o que máis feliz me fai no mundo, subir ao escenario a saltar e berrar.

         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: