Este ano a Cea de do Xuven merece un capitulo aparte. Está claro que un non vai a esta cea para degustar exquisitos manxares, por certo este ano o cocido e o viño moi ben, senón para compartir unha noite con xente coa que coincides mais ben pouco o longo do ano. O ambiente foi espectacular, a orquestra "A Oca", estivo na súa liña "marabillosa", había momentos en que ninguén estaba sentado na mesa e todo mundo estaba bailando, en fin unha noite memorable desas que deixan pegada, a cea do Xuven dende fai moitos anos
é a que pecha o Entroido cambadés de xeito maxistral, pero vimos que o descenso de xente este ano a organización considerouno alarmante. De estar o comedor cheo e ter que retirar mesas para bailar, mais de catrocentas persoas, pasamos este a no a duascentas e pico, é evidente que aparte de ir a pasalo moi ben un tamén vai a cea do Xuven coa idea tamén, aínda que secundaria de axudar o club, pero con este número de xente este non resulta rendible de feito algúns directivos comentaban que este ano apenas cubre gastos e perante desta situación poden replantarse a organización e a verdade que seria unha magoa a desaparición desta xa mítica cea.

É verdade que houbo dous eventos a mesma noite en Cambados, un nun coñecido restaurante de Corvillón organizado pola Asociación de Mulleres Rurais que cada ano ten mais xente de feito este ano ano eran preto de 200 persoas e outra na Sociedade Cultural preto tamén de 100 persoas, é verdade tamén que faltaron varios grupos sobre todo de xente moza que acudían outros anos, pero é tamén certo que para o ano os cambadeses e especialmente os socios do Xuven e sobre todo a directiva teñen que loitar porque se manteña esta cea porque se se perde, perderíanse dous "estandartes" do Entroido cambadés en pouco tempo, un foi Unha Grande Chea o outra lamentablemente seria a Cea de Xuven, esperamos que Jorge a súa directiva non deixen morrer está mítica cea. Por certo agás Victor Caamaño do BNG o resto dos políticos brillaron pola súa ausencia, ao parecer non estamos en ano electoral. Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica na columna da dereita, e por certo se por algún motivo non queres saír na reportaxe non tes mais que comunicarmo.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario