14 de feb. de 2012

IMOS AMIGO, SAIRÁS DESTA

Onte estiven cunha persoa que non vou dicir o nome por respecto a el e a súa familia, pero é unha persoa que quero, admiro, o tiven como referente durante moito tempo sempre o vin como unha especie de irmán maior sobre todo no eido político,  e teño partido o cu de risa con el en moitas ocasións porque "cachondo" é un anaco. Onte achegueime a el para comentar un pouco sobre dá asemblea irmandiña do 
domingo. Comentamos algo sobre a mesma, e deseguida me dixo "Chon estou moi desvinculado dá política, teño... ", e soltoume a palabra fatídica que ninguén quere escoitar e menos dunha persoa que queres e admiras,  pero esta aí enriba de todos nos como a espada de Damocles e coma unha lotaría negativa que de vez en cando tamén toca. Dentro duns dias este amigo vai empezar a loitar contra desta terrible enfermidade e estou seguro que vai saír dela porque sempre foi un home loitador toda a súa vida e de piores saíu. Seguramente en breve teredes coñecemento quen é, o que quere facer con este post, por que sei que de vez en cando visita este blog, e darlle ánimos, dicirlle que loite con todas ás súas forzas, porque fai falta nas nosas vidas e porque é unha luz de esperanza cada vez que o oes falar. Animo e adiante amigo.

     
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: