6 de feb. de 2012

O PP PREVÉ ELIMINAR 700.000 POSTOS DE TRABALLO NA ADMINISTRACIÓN DESPOIS DAS ELECCIÓNS ANDALUZAS

Os primeiros en poñer a noticia sobre a mesa foron os periodicos económicos "Expansión" e "Cinco días", pero ninguén  creia que Rajoy fose capaz de facelo. Tras a súa charla con Merkel esta fíxolle saber que España tiña que "adelgazar" a súa administración nun 20%. En España hai sobre 3.200.000 funcionarios dos que a Merkel "ordenou" a Rajoy que hai que eleminar 700.000. O rumor está na rúa,  e en Madrid é un clamor a voces o PP prevé eliminar eses 700.000 postos de
traballo na administración despois das Eleccións en Andalucia. Exactamente os 700.000 despedimentos refírense a funcionarios interinos e estes sairán da administración o máis tardar en Abril próximo.
A rumor chegou hoxe os Xulgados de Cambados via Madrid polo tanto a administración en Arousa vai para peor e sobre todo a Xustiza, e todas ás inversións prometidas polo Secretario do Concello de Cambados e actual Vicepresidente dá Xunta ou Sr. Rueda, son papel mollado nin cuarto xulgado para Vilagarcia, nin novo edificio dos Xulgados de Cambados e mais calculase que nun ano isto vai ser un total desastre. E estes son os que prometeron solucións para o paìs, será para ou "seu país", onde Cospedal segue cobrando tres soldos, onde Sainz de Santamaria está a cobrar catro soldos e a Alcadia de Cambados custalle os cambadeses máis de 12.000 euros así é como funcionan os populares. O desastre en Galicia e España está ás portas, pero nada que sigan gañando eleccións que cada vez vaille mellor os galegos. 

         
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: