O Refuxio de Animais de Cambados ven de facer publica a seguinte nota:
“Queremos
que as instalacións mancomunadas do Salnés sexan
xestionadas polo Refuxio de Animais de Cambados e
non por unha empresa. Deputación de Pontevedra: queremos un refuxio de animais, non unha
canceira. Na asociación Protectora de
Animais de Cambados levamos recollendo 13 anos,
recuperando, rehabilitando e conseguindo novos fogares para os
animais
abandonados na bisbarra do Salnés, en Pontevedra.
Realizamos terapia con animais abandonados do refuxio en centros de autismo e
de discapacitados, formamos animais abandonados como cans guía... E todo iso de
forma completamente altruísta.
![]() |
Luis Aragunde só utiliza os animais "para utilizalos". |
Agora a Deputación Provincial de Pontevedra quere
abrir finalmente o refuxio, pero nega calquera relación coas xestións
realizadas pola Mancomunidade co noso refuxio para xestionalo hai máis dun ano.
A Deputación vai abrir un novo concurso para a súa xestión, aberto a empresas,
cando sabe perfectamente que unha protectora de animais non ten capacidade para
facer fronte aos avais e garantías que esixe este tipo de concurso.
Os
refuxios para animais deberían estar xestionados por asociacións de persoas que
aman e respectan os animais, e non por empresas privadas que buscan facer diso
un negocio, e simplemente recollen e sacrifican animais sen ningún tipo de
miramentos.
Xestionar este refuxio permitiríanos axudar a máis animais e crear un
"Centro de Recuperación e Reinserción Animal" con actividades e
accións sociais orientadas a todas as idades e colectivos especiais,
converténdoo non só en algo mellor que unha canceira senón nun centro pioneiro
a nivel autonómico e estatal. Que ademais sería auto financiable nun prazo de 24 a 36 meses dende a súa
apertura supoñendo polo tanto un aforro para a Administración Pública. Pero a
Deputación non nos quere recibir, négannos a oportunidade de demostrarllo e
fannos competir con empresas privadas e semipúblicas de recollida e tratamento
de animais nas que predomina o beneficio económico.
O que pedimos é que se respecten as xestións realizadas por nós sobre o
devandito centro, respéctense os nosos dereitos sobre o proxecto realizado que
intenta plaxiarse e se dunha oportunidade ao dereito á vida dos animais e non a
que sexan condenados a ser sacrificados aos 20 días.
Apoiade a nosa causa. Imos impedir que un centro que debería protexer os
animais se converta nun mero matadoiro. Asina premendo AQUÍ, ou na columna da
dereita.
DESTINATARIO: SR. D. RAFAEL LOUZÁN, PRESIDENTE DADIPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Excelentísimo Sr. Louzán:
A Asociación Protectora de Animais de Cambados leva
moitos anos recollendo, recuperando, rehabilitando e conseguindo novos fogares
para os animais abandonados na bisbarra do Salnés, en Pontevedra.
O Refuxio de Animais de Cambados converteuse
nun referente non só a nivel autonómico senón nacional, asesorando a diversas
asociacións que utilizan a súa guía de traballo, visitan as súas instalacións e
se forma con eles para aplicar os coñecementos adquiridos do seu proxecto
noutras provincias.
No ano 2010 esta asociación presentou, a petición da Mancomunidade do Salnés, o
proxecto e plan de viabilidade, posta en marcha e autofinanciamento para a
xestión do centro de recollida de animais abandonados da Mancomunidade do Salnés cun proxecto que foi cualificado de
"pioneiro e ideal", e que nun prazo de 24 a 36 meses sería autónomo e
auto financiable.
Desgraciadamente este centro non chegou a abrirse por falta de recursos.
Agora,
a titularidade do devandito centro foi cedida á Deputación de Pontevedra, facendose cargo
deste centro, e en lugar de respectar todo o traballo realizado durante case 13
anos polo Refuxio de Animais de Cambados na
bisbarra do Salnés e na xestión do devandito centro,
pretende lanzar un concurso novo coa posibilidade de adxudicación a unha
empresa privada. A súa intención de realizar un concurso público ou a
adxudicación deste centro a empresas deixa as asociacións en minoría de
condicións, pois de todos é sabido que unha asociación sen ánimo de lucro e
altruísta non pode facer fronte ás garantías e avais necesarios para poder
obter a adxudicación definitiva.
![]() |
Moi ben se lle da o noso Alcalde sair na foto. |
Por todo iso pídolle que respecte as xestións realizadas durante estes últimos
anos e o seu traballo para levalas a cabo e permita á protectora de animais de Cambados que poña en marcha o seu antigo
proxecto, que coida e respecta os animais e ten un importante compoñente de
acción social e económico para a cidadanía e a administración pública.
Espero que faga valer a opinion e
decisión de nós os cidadáns.
Atentamente,"
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario