19 de feb. de 2012

SÁBADO DE ENTROIDO EN CAMBADOS

Onte poidemos ver un sábado moi animado en Cambados, sobre todo a noite. Coma sempre o mediodia fumos de viños e Domin cunhas gafas e  unha nariz  e cunha camiseta fixo un disfraz auténtimo simulando o que a cervexa Estrella de Galicia preparou para este Entroido nas súas botellas. A noite gran cea no Hotel os Pazos de Cambados onde , coma sempre, nos atenderon de marabilla e demos conta dun suculento e sabroso e económico  cocido , agredecerlle a Carmelo e o seu personal o 
trato dispensado que foi  excepcional. A veces que pouco pensamos os cambadeses, temos no mesmo centro do pobo un local para comer ou cear escepcional e  a pesar de todos buscamos cousas raras. 


Rematada a cea e como estomágo cheo andivemos polos sitios de sempre, pero o forte da movida estaba na Praza de Alfredo Brañas (a tas terrazas), lugar que está collendo un auxe novamente digno de encomio. Espectacular Jaime o do Continental , rapouse para facer de "Malatesta" (Celda 211), estaba auténtico. Tamén espectaculares os da Leria co seu disfraz de "Pearl Harvor", díficil de superar. Habia foto cool na praza das Terrazas e un ambiente espectacular. Un sábado de Entroido do que podes ver unhas cantas fotos na columna da dereita,  e que non se pasou nada mal.
          
                        

Ningún comentario: