9 de feb. de 2012

UN CAMBADÉS PODE SER O DERRADEIRO PRESIDENTE DA CAMARA DE COMERCIO

Falcón afirma que a Cámara non pode desaparecer pero debe autofinanciarse.

Á espera de coñecer como queda redactada a nova Lei de Cámara polo Goberno central, o presidente da Cámara de Comercio, Industria e navegación de Vilagarcía, p cambadés  Miguel Falcón Noya subliñou dúas mensaxes na súa primeira rolda de prensa: esta entidade non debe desaparecer e o seu futuro dependerá da capacidade que demostre para 
autofinanciarse. O cambadés, que asume a responsabilidade durante os dous anos que faltan ata que finalice o mandato, anunciou que a primeira alternativa para recadar fondos será non cobrar a cota durante este ano aos empresarios que se asocien e facelo a partir do próximo.
Está por ver que a Xunta de Feijóo se atreva a reducir das nove actuais a catro ou cinco as cámaras de comercio galegas. Pero unha iniciativa dese tipo non estaría mal en si mesma como exemplificante medida de austeridade e, sobre todo, como un test fiable para comprobar a forza real dos localismos de cara a unha hipotética fusión de municipios, que antes ou despois haberá que abordar, dende arriba ou dende abaixo.

Miguel Falcón e Carlos Oubiña
Non obstante, por agora dende San Caetano simplemente púxose sobre a mesa a necesidade de racionalizar os custos de funcionamento dunhas entidades ás cales a supresión da cota obrigatoria, por decisión do Goberno, pon nunha situación límite ao reducir drasticamente os seus ingresos, tamén minguados pola redución das substanciosas axudas públicas que viñan recibindo a través de subvencións e convenios de colaboración.
A Consellería de Economía e Industria non está disposta a achegar recursos a unhas institucións que, aínda coa que está a caer, pagan aos seus altos funcionarios soldos que nalgúns casos superan o do mesmo presidente da Xunta. Quere coñecer os presupostos detallados de cada entidade, para comprobar por onde se pode meter a tesoira e propoñerlles o correspondente plan de austeridade, que irremediablemente pasará por reducir ao mínimo as nóminas que pagan, axudas, aluguer de locais, gastos de representación, etc.

O anterior presidente da Camara o vilagarcián Carlos Oubiña Portas, home vinculado o PP sabedor deste pátetica situación económica das Cámaras, abandonou barco e redes deixandolle o “embolado” o cambadés, por certo tamén vinculado o PP.

          
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: