12 de mar. de 2012

APOTEOSE AMARELA O SABADO NO POMBAL

Os que menos habituados están aos títulos tamén son os que máis os gozan cando chegan, os que realmente lle dan mérito. E o Xuven levaba 34 anos esperando para poder saborear un triunfo de calado, deses que quedan marcados na historia. A espera valeu a pena. O sábado  a afección cambadesa gozou como nunca. Cada un dos seguidores do equipo cambadés sentiuse especialmente orgulloso de formar parte dunha afección tradicionalmente fiel e tamén sufridora. Onte
tocoulle gozar de xeito abondo. Tocoulle celebrar o primeiro título de liga en categoría nacional na historia da entidade, as mais antiguos lembramonos cando Jorge no ano 77 propuxo formar un equipo de baloncesto feminino en Cambados que precisamente leva o nome de onde naceu a Juventud Católica. E por iso non faltou practicamente ninguén. O club pediu o apoio da afección e esta non fallou. Non collía un alfinete no Pombal e ao final catarse absoluta entre equipo e seguidores. Pero o mellor é que isto non fixo máis que empezar, o play-off de ascenso está ao virar a esquina.
O título de liga é consecuencia do traballo dun equipo moi ben armado, cun cadro de persoal compensado e competitivo, e ben dirixido. E sobre todo un equipo gañador. De feito só perdeu un partido no que vai de liga e o seu obxectivo é seguir así nas tres xornadas que restan. Onte volveu gañar. Tiña que facelo para darlle á afección o gusto de celebrar o título, e fíxoo sen necesidade de facer un gran partido, aínda que ofrecendo virtudes interesantes que poden ser realmente importantes no play-off, principalmente a de ser un equipo en toda regra. E é que onte non foi o día de xogadores importantes como Alberto Rodríguez, Juan Mato e Jesús Díaz, pero apareceron un espectacular Taylor García e un fiable Berni Castelo, aínda que o máis destacado foi a gran achega de xogadores habituados a estar na sombra e que onte tiraron moito do carro, como Lucas Vaqueiro ou Guido Villamil, e tamén o mozo Javi Patiño, que ofreceu bos minutos.
O partido foi tremendamente complicado porque o Xuven non estivo demasiado fino, quizais lle puido algo a presión do momento por todo o que estaba rodeando ao partido, e sobre todo pola excelente imaxe ofrecida polo Estudantes de Lugo, un equipo cun enorme potencial físico que só baixou os brazos nos últimos minutos do encontro. O presidente Castiñeiras decía o remate do encontró que “Nos cumprimos agora é o momento dos políticos", un guiño claro e rotundo a Touris Louzan e Aragunde para que si queren un equipo na categoría de prata do baloncesto español hai que poner cartos enriba da mesa. Eu personalmente pareceme unha aventura bastante arriscada , outras aventuras como estas noutros equipos xa teñen feito desaparecer case prácticamente o mesmo como lle pasou o BBC vilagarciá. Coa crise na que estamos ter un equipo de Cambados nunha categoría superior a EBA e todo un sono moi difícil de cumprir. Podes ver unha ampla reportaxe fotográfica na columna da dereita.
              

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: