30 de mar. de 2012

CELEBRAN O DÍA 2 DE ABRIL, DÍA DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O día 2 de abril Por Dereito ten moito traballo.
Comenzan poñendo nos nosos fogares globos azuis nos nosos balcóns e xanelas.
Ás 11.00 estaran na Biblioteca de Cambados para celebrar conxuntamenta o Día do Libro Infantil e o da Concienciación do Autismo. 
- Ler o manifesto de Francisco Hinojosa que nos fala da maxia dos contos
- Ver "EL cazo de Lorenzo", un conto que nos fala da diversidade, das dificultades e do
afán de superación.
- Xogar co conto adaptado por Fátima Collado "El Patito Feo" cos pictogramas do ARASAAC
- Iniciarnos no "Bookcrossing", pero tranquilos que levaredes as instruccións traducidas á lectura fácil con pictogramas do ARASAAC.
- Bailar e cantar o "Nossa, nossa" adaptado a pictogramas por Esther Cuadrado. Repartiremos ademais a adaptación a pictos para que practiquedes logo nas vosas casas.
- E se queredes tamén poderedes colorear o conto do " Patito feo"
Despois de dar unha volta polo pobo de Cambados para quitar moitas fotos de globos azuis, iran a repoñer forzar pois á tardiña temos mais traballo.
Na Praza Asorei iluminaran de azul xunto a estatua da Naiciña de Asorei ás 21.00
- Lectura dun manifesto feito por un mozo da asociación no que expresará a importancia dos dereitos das persoas con autismo.
- Escoitaremos marabillosas cancións da boca dos rapaces/as e mozos/as do Coro do Conservatorio de Cambados dirixido por Marco Lucato
- Pariciparemos nunha chocolatada que nos axudará a seguir disfrutando da luz azul para que esta chegue aos nosos corazóns e aos de todo aquel que nos queira acompañar.


                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: