15 de mar. de 2012

A CESTA DO ENTROIDO DO “AROUSA” ERA MÁXICA

Aquí vos vai un “reseso”  que segundo os periodistas avezados e unha nova con certo retraso. Este ano polo Entroido o Arousa, como outros clubes fan sorteos de cousas diversas, neste caso os “ingleses” sorteaban unha cesta que contiña case de todo, dous televisores, unha consola, un casco de bicicleta, pezas de vestir, así como preto de 45 botellas de viño, cinco lacones, preto de 50 chourizos e varios artigos máis. O afortunado un tal Ramón Campos denuncia a falta de obxectos na cesta de entroido do Arousa, o
gañador do sorteo constatou con algúns comerciantes a ausencia de varios artigos.
O afortunado sinalou ademais que a min me importa menos, pero sei de empresarios e bares de Carril que están moi enfadados co Arousa por este motivo. Foron estes empresarios os que me animaron a denuncialo publicamente".
A recadación obtida polo Arousa con esta iniciativa foi próxima aos 8.000 euros grazas á colaboración dun amplo sector de empresas e establecementos de todo o municipio.
Manuel Abalo, presidente do Arousa, quixo saír ao paso do dano causado á imaxe do club recoñecendo que "algúns dos produtos que estaban inicialmente na cesta foron sorteados nalgúns partidos de categorías basee. É certo que nos puidemos equivocar, pero todo foi intentando buscar o maior beneficio do club". Home Manolo esta ben que  queiras sacar o mellor beneficio para o club,  pero non facendo trampas.

                

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.



Ningún comentario: