Hoxe foi un gran dia para Galicia, e unha gran dia tamén para o nacionalismo galego. Sós, pero concienciados e vindo a remolque nosa, nada mais e nada menos duas centrais como UGT e CCOO, celebramos en Vilagarcia unha manifestación multitudinaria, máis de tres mil persoas (difra da Policia Local, o cal quere dicir que eramos moitos máis), contra da reforma laboral, que ademais foi quen de unir a todo nacionalismo tanto na manifestación de Vilagarcia coma en toda Galicia, ali puidemos ver a xente do Encontro Irmandiño e
xente de Mais Galiza apoianda a que por agora e esperamos que por sempre é a unica central sindicalista nacionalista. Cada vez entendo menos as escisións se nos grandes temas estamos todos unidos.
xente de Mais Galiza apoianda a que por agora e esperamos que por sempre é a unica central sindicalista nacionalista. Cada vez entendo menos as escisións se nos grandes temas estamos todos unidos.
Lamentar en troques a cantidade de “esquiroles” que temos en Cambados (non incluo neste capitulo a xente que foi presionada e atemorizada por certos empresarios cambadeses), ou o temor o que PP que lle ten a xente na nosa vila, e que dicir da presidenta das Mariscadoras a Pe de Cambados Isabel Pérez quen foi quen de sinalar resembra para un día como hoxe seguindo así os dictados do seu amo Benito Pelea quen como todos sabemos non deixa de ser outro membro mais da banda do PP de Cambados. Dicir tamén que empresarios actuaron como verdadeiros terroristas mafiosos o despedir a dous traballasdores que estiveron na manifestación da CIG e en moitas empresas enviar cartas ou misivas dicindo que o que fora a folga quedaria despedido, eso non se conta na prensa porque non convén pero iso é TERRORISMO LABORAL.. Pero aparte de exemplares como estes a CIG deu toda unha lección do combate na rúa e todos os nacionalistas sen excepción gritamos hoxe en Vilagarcia “COA CIG NA RÚA A LOITA CONTINUA”.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario