14 de mar. de 2012

FRANCISCO JORQUERA EN CAMBADOS O VINDEIRO 23 DE MARZO

Chon con Jorquera.
Unha das primeiras localidades que vai visitar o candidato á Xunta polo BNG  vai ser Cambados. O vindeiro día 23 de marzo Francisco Jorquera estará no Salón de Congresos José Peña, ás 20.30 horas para falar de nefasta reforma laboral do PP. Previamente precederano no uso da palabra  a cambadesa membro da exutiva nacional
do BNG Montse Prado, e do portavoz municipal Victor Caamaño. Esta reforma laboral “non só é mala para os traballadores e traballadoras, senón tamén para os pequenos e medianos empresarios porque deprime o consumo e empobrece a economía”. Ademais é unha reforma “agresiva cos asalariados e asalariadas, agresiva con Galicia, onde os salarios están por baixo da media estatal e onde o paro medra por riba da media estatal”. Todo isto e moito mais vainos explicar o vindeiro 23 de marzo en Cambados Francisco Jorquera.
                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: