4 de mar. de 2012

“LOS PABLOS” NA PERA. ENTRADA GRATUITA.

O vindeiro 9 de marzo a partires da 1 da mañan terá lugar un concerto a cargo do grupo ribadumiense “Los Pablos” que brindaran o mellor directo cun estilo inconfundible na Discoteca A Pera. A partires das 23 horas xa estará aberto o local para ir quentando motores.
"Sala de Espera" é o seu derrradeiro traballo, no que incluen cancións da mesma temática que sempre: amor e desamor, pero nel as letras son máis optimistas e ten unhas melodías máis profundas. Ademais incluiron nel a primeira canción en galego, que é a única que teñen  no seu repertorio.
A música e un hobbi para “Los Pablos”, de feito todos teñen o seu  traballo e isto fanno no tempo libre. Ademais, como tamén é algo no que hai que inverter, o que gañan gardáno para cando hai que pagar unha maqueta, comprar equipos de música ou algún instrumento. Isto non lles dá de comer, aínda que non lles importaría que fose así.
Reciben pouca axunda institucional unicamente de vez en cando facilitanlle locais de ensaio e cousas dese tipo, pero en Ribadumia non hai nada diso nin tampouco en Cambados. Cando comezaron había outros grupos que agora se disolveron por non ter axuda. Pensan que se houbese facilidades para os pequenos grupos, máis xente se animaría a crealos.
Chámannos moito para festas privadas, pero o que máis fan é tocar en locais da zona. Tamén estiveron noutros sitios de Galicia despois de gañar o concurso de novos talentos do Albariño.



               

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: