2 de mar. de 2012

MANIFESTACIONS CONTRADICTORIAS ENTRE O ALCALDE E O XUIZ NO “CASO ANA-CRUZ” O ASUNTO NON É UN SIMPLE ALTERCADO, AS LICENCIAS URBANISTICAS ESTÁN NO FONDO.

Está claro que o “Caso  Ana-Cruz” está a dar moito que falar pese a que Luis Aragunde pide moito respeto para as funcionarias o cal en parte compartimos, respeto disfrazado  de mutismo.  O que lera os medios de prensa nantronte e onte quedaría
pasmado coas manifestacións verquidas no caso tanto polo Xulgado instructor da denuncia presentada pola Secretaria do Concello como polo Alcalde Luis Aragunde. Dunha parte decían os medios de prensa “Nembargantes, fontes xudiciais informaron  de que o asunto, en caso de prosterar, será difícil que se quede en moito mais que unha falta administrativa.  Ou sexa que lle viña a pasar o xuiz a pelota o Alcalde e este , nunca mellor dito, botaba balóns fora dicindo “que o asunto estaba subiudice”, “que podría interpretarse coma unha intromisión” ou o  non vai mais “esperamos unha pronta e satisfactoria resolución”. ¿Cal é para o alcalde unha satisfactoria resolución?
Nachortas fixose eco da nova.
O asunto en si non é un simple altercado entre duas funcionarias, segundo fontes “moi ben informadas” hai moito mais detrás , hai o parecer uns intereses ocultos para que se concedan certas licencais urbanísticas de legalidade cando menos dubidosa. Non é un simple pelea de “gallitas”. Non so declararon funcionarios o empregados municipais no asunto tamén prestou declaración como testemuña o Teniente de Alcalde Sr. Iglesias Pombo (quen o parecer estivo de diarrea todo o dia), polo que o asunto non é meramente funcionarial xa pasa a ter carácter político.
Estamos a “recabar” mais información sobre o tema da que vos teremos informados, porque esto señores “promete”. 
         

Ningún comentario: