Esta reunión producirase despois que na primeira xuntanza que tivo lugar fai unhas semáns se decidise que os pais
necesitaban escoitar de boca dos representantes do PORTO a política de canteira que querían aplicar coa base do do clube do Salnés.
A directiva presidida por Sergio "millán" agarda a máis dos cincuenta pais que asistiron a primeira reunión para poder ter o máximo de opinións e consenso pa poder levar a cabo este proxecto.
As escolas de base do Porto chamadas tamén DRAGON FORCE CAMP foron creadas fai uns anos o estilo das grandes canteiras dos grandes equipos europeos pero dende o 2009 fixaron a vista en Galicia coma viveiro para a sua canteira.
Lembrar que este proxecto leva aparellado unha serie de ventaxas e inconvintes que son:
Mellora en canto os adestramentos con monitores( novos ou actuais) baixo a supervisión dun director do Porto para desenrolar o traballo á maneira que se fai na canteira do clube luso.
Mellor equipamento para os rapaces máis roupa para entrenamentos, balóns, e accesorios típicos dosa adestramentos.
Campus periódicos (no verán sobre todo) visitas á cidade portuguesa e intercambios.
Incluso poderíase habilitar nunha das oficinas do clube unha aula para que os rapaces fagan os deberes namentras non escomenzasen a adestrar.
Esto todo conlevaría unha subida nas cuotas a pagar de entre 300 e 400 euros. Nada fácil para a maioría das familias. Habería que contar cos descontos en función de varios aspectos, por ser máis dun fillo na escola, ser socios do Cambados, pola forma de pago, etc
Recollido en: http://cxusto.blogspot.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario