O vindeiro 23 de Marzo a partir das 22.00 horas, organizado polo Centro Cultural O Sixto terá lugar un festival de rock denominado SIXTOROCK´12. Nel participarán tres grupos algún deles xa consagrado e outros en plena evolución como é o caso dos cambadeses Heard Bread que estarán acompañados no escenario do Centro Cultural por Skalopendra e Kustom Noizz.
Skalopendra son” unha panda de catro rapases con moitas ghanas de pasalo ben” así se definin eles no seu facebook. Leban xuntos desde o 2008 mais ou menos. Tocan un estilo de música chamado ´Rock Brabú´ mesturado con un toque de Ska, podes apmpliar coñecementos desta banda en
www.myspace.com/skalopendra. A súa formacion é a seguinte: Morón: Voz principal, ·Chiristian: Guiarra e coros., ·Xoán: Baixo e coros e Nolo : Batería e coros. Pasra contactar con eles.·skalopendra@live.com
www.myspace.com/skalopendra. A súa formacion é a seguinte: Morón: Voz principal, ·Chiristian: Guiarra e coros., ·Xoán: Baixo e coros e Nolo : Batería e coros. Pasra contactar con eles.·skalopendra@live.com
Kustom Noiiz , eran os que antes se chamaban “Ameixas Bravas” o cambio de nome débea unha cuestión comercial, segundo Adrián o seu batería “Ameixas Bravas era un nome que gustaba moito nesta zona, pero fora da comarca a xente botabase un poco para atrás a hora de contratalos. Consideran que a nova nomenclatura da banda define mellor o concepto de grupo, é algo así como personalizar o ruido, o que lles da un toque mais cañero, eso si sustituen o término orixinal “noise” por “Noizz” para que non houbera equivocos con un afamado grupo de pop adolescente. O grupo interpreta versións tamén de grupos españoles como Héroes del Silencio, Los Suaves ou Marea. O seu xénero principalmente o Rock&Roll e o Hard Rock. Está formado por Icko Viqueira (Voz); Ramón Viqueira (guitarra); Antonio Fernández (guitarra); Alvy Fernández (Baixo); Adrián Berride (batería), colaborador: Stefano Cores (ventos) . Son de Carril.
E por último, e non por iso menos importante está o grupo cambadés Hard Bread., que está composto por Adrián Padin (Baixo e voz principal), Juan Manuel Agra “Chan” batería, Iván Barral “Barri” guitarra, e Brais Padin (guitarra). Eles teñen moita ilusión e este será o seu terceiro concertó despois de actuar en Vilanova no festival “Demiurgos” e en Vigo. Están a traballar duro para facerse camiño nesto da música que últimamente este moi difícil. Eles definense como rockeros de toda a vida.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario