De todos é coñecido que Emerita Méndez está a expoñer no Pazo de Torrado de Cambados, e onde permnanacerá hata o vindeiro 31 de marzo de martes a sábado de cinco a oito da tarde e os domingos de 11 a 12 h. Dende novembro pasado Emérita ten un blog http://emeritamendez.blogspot.com.es/ onde virtualmente expón gran parte da súa obra pictórica e practicamente toda a exposición de Torrado, por si fisicamente non poideras acudir, e pasa a engrosar a nosa sección "Os nosos amigos da rede". Emérita Mendez nace en Castrro de Rei (Lugo) e reside en Cambados (Pontevedra) a donde chegou moi nova, xa que o seu pai viña destinado como Xefe da Policia Local, cursou estudos no I.E.S. Ramón
Cabanillas de Cambados, é licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela e en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Cabanillas de Cambados, é licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporáneo pola Universidade de Santiago de Compostela e en Belas Artes pola Universidade de Vigo.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario