24 de mar. de 2012

O BLOQUE AFIRMA QUE OS ESCINDIDOS FAN UNHA “MAGNÍFICA CAMPAÑA” AOS POPULARES

O tenente alcalde de Lugo, o nacionalista Antón Bao, afirmou onte que os grupos escindidos do Bloque -Encontro Irmandiño e Máis Galiza- estanlle facendo unha "magnífica campaña" ao PPdeG e pondo en evidencia a súa “intolerancia”, dixo, por non aceptar as decisións “democráticas” que se adoptaron na última asemblea nacional da formación frontista.
Bao respondía así, en declaracións aos medios de comunicación, ao ex portavoz municipal do BNG, Anxo Lage, que o pasado xoves anunciou publicamente a súa baixa no
partido.Ante esas declaracións, Bao afirmou que no Bloque non están preocupados polas palabras dos escindidos, neste caso de Máis Galiza ( G), porque teñen a impresión de que “hai moito ruído, pero poucas noces”.
Na mesma liña, o dirixente nacionalista afirmou que cre “firmemente na democracia e en aceptar as decisións democráticas”, pero non na “intolerancia” exhibida por aqueles que non souberon encaixar o resultado da última asemblea nacional que perderon. Un sempre se pregunta ¿Que pasaría se houberan gañado?

Guillerme e Bao 
Quen está detrás
 “Se é que o PP non está detrás de todo isto, que espero que non, non atopará nunca unha campaña tan ben deseñada como a que lle están facendo para intentar quitar do medio á única alternativa que hai agora mesmo en Galicia ás súas políticas, que é o BNG”, insistiu o dirixente nacionalista.
“Estanlle facendo unha magnífica campaña ao PP”, engadiu Bao, quen tamén afirmou que o “mérito” dalgún dos afiliados que onte se deu de baixa reside en militar no Bloque entre “15 e 20 días” para logo anunciar a súa marcha.
O mesmo está a pasar en Arousa, “moito foulaso, pero o barco non anda nada” como dicimos en Cambados, aquí parece ser que ademais do PP quen lle está a facer a campaña os “irmandiños” e a Voz de Galicia ata chegaron a sair en portada , os propios irmandiños estaban sorprendidos. Lembrome nunha reunión a que fun do Encontro Irmandiño que dicia un dos seus dirixentes “A Voz está a apoiar a UPG”. O que digo sempre unha cousa é predicar e outra  dar TRIGO. Por certo que deixan xa de presionar a certos militantes do BNG para que se pasen as súas filas.

                

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: