7 de mar. de 2012

OS AFECIONADOS DO XUVEN ESTAN CHAMADOS A IR TODOS DE AMARELO O VINDEIRO SABADO

Perante o feito histórico do que o Xuven está a piques de conseguir por primeira vez na historia do básquet en Cambados que o noso equipo sexa Campión automáticamente da Liga EBA, estase a facer un chamamento dendo a propia entidade, para que socios, non socios, simpatizantes e todos os que queiran a ir o vindeiro sábado ó partido contrado Estudiantes de Lugo todos vestidos con prendas amárelas e ademais dende o propio club anunciannos sorpresas.
O alirón do Xuven xa só é cuestión do tempo. O equipo de Yago Casal está a só unha
vitoria de proclamarse por primeira vez na súa historia campión de Lígaa EBA no grupo AB. A falta de catro xornadas para o final desta fase regular, os cambadeses teñen 3 triunfos de vantaxe sobre o Marín Peixegalego (ao que lle teñen gañado o average particular) e sobre o Recinor Ferrol, equipo que ten que descansar aínda e que en ningún caso podería alcanzar xa a cifra dos 16 triunfos. Así as cousas o Xuven, salvo catástrofe, será campión e enfrontarase no primeiro cruzamento do play-off co terceiro clasificado do grupo AA, praza á que optan nestes momentos Torrelavega e Universidade de Valladolid (Pas Piélagos ten algunha opción moi remota).
O obxectivo dos de Yago Casal é lograr canto antes o título. O sábado a partir das 18 horas ante o Estudantes de Lugo no Pavillón do Pombal pode chegar un histórico triunfo, que convertería aos de Cambados no mellor equipo masculino da provincia cando aínda restarían tres xornadas para a conclusión do campionato. Aproveitar o primeiro “match ball” para cantar o alirón é o obxectivo, sobre todo para afrontar con tranquilidade a parte final da fase regular, recuperar aos lesionados e aos xogadores que arrastran molestias físicas para poder empezar a preparar o cruzamento que outorga o billete á fase de ascenso, eliminatoria que será os días 14 e 21 de abril. Cabe destacar que a fase de ascenso este ano será mediante dúas eliminatorias, os catro equipos que as superen en maio serán os que logren praza na LEB Prata a próxima tempada.
Aos de Yago Casal espéranlles emocións fortes nos próximos meses, aínda que primeiro deben pechar a fase regular en marzo e non só conquistar o primeiro posto do seu grupo, senón facelo tamén con mellor bagaxe que o campión do grupo AA, para que en caso de pasar o cruzamento proclamarse campión absoluto do Grupo A de Lígaa EBA e ter algún privilexio nas eliminatorias de ascenso a LEB Prata. Ao Xuven espéranlle apaixonantes e novos retos a superar neste final de tempada.
Evidentemente este un lobro aparte de oquipo no eido deportivo, tamén da actual directiva encabazada polo fundador do club e actual presidente Jorge Castiñeiras, pero nestes intres doces tampouco se pode esquecer un de homes como Juan iglesias e Richar Charlin que deron moitos anos da súas vidas a este club en corpo e alma, eles tamén son partícipes deste lobro.

                   

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: