Un ano despóis da saída de “Whiskypedia”, o primeiro traballo editado polo grupo cambadés de rap “Triple K”, o próximo venres 2 de marzo verá a luz a súa nova maqueta que levará o título de “Ekilibrio”. O grupo experimentou unha recente anexión, pois aos xa antigos integrantes Miguel Falcón Castro (Arka, de Corvillón), Alexandre Fontán Comojo (Léxiko, de Padrenda) e Miguel Palacios González (Palak, de Cambados) temos que engadir ao recentemente incorporado Pablo Rodríguez Pintos (DJ Pinturas, de Fefiñáns,
Cambados). Tamén colaboraron neste traballo o vocalista Josu Manero Crespo (Crespo, de Baión) e o DJ Pedro Cuntín Paz (DJ Tips, de Santiago de Compostela).
Cambados). Tamén colaboraron neste traballo o vocalista Josu Manero Crespo (Crespo, de Baión) e o DJ Pedro Cuntín Paz (DJ Tips, de Santiago de Compostela).
A maqueta estará disponible para descargar por internet o venres 2 de marzo en:
Triple K está comprendida dentro do grupo Scarcha Factory Crew, que ven a ser un grupo que principalmente necesita amosar o amor pola cultura do Hip Hop en todas as súas vertientes. Son unha crew (palabra provinte do inglés que literalmente significa tripulación pero que no ámbito artístico do hip hop faireferencia a un grupo de artistas que traballan xuntos) que se adica a facer no seu tempo libre ralmente o que les gusta sen molestar a niguen.
Podes acceder a unha mostra do seu novo traballo premendo AQUI
Tamén podes acceder a unha ampla entrevista o grupo na que explica todos os permenores do seu novo traballo, premendo AQUÍ.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario