25 de mar. de 2012

A PELICULA “SABELA DE CAMBADOS” OBXECTIVO DE REAL ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES E DO CONCELLO DE CAMBADOS

SEGUNDO SABELA PILLADO, NO SEU DIA ESTA PELICULA NON ESTIVO EXENTA DE POLEMICA.
A Ral Academia Galega de Belas Artes e o Concello de Cambados subscribiron onte un convenio polo que establecen actuacións conxuntas "que permitan impulsar o coñecemento da arte galega nas súas diversas manifestacións".
Esta aproximación vaise a concretar, ademais, nas xestións dos académicos na consecución da película "Sabela de Cambados",
realizada no ano 1948, co fin de proxectala na localidade.
Pelicula: Sabela De Cambados, 
"Sabela De Cambados" é unha película dirixida por Ramón Torrado (45 películas máis neste sitio) en 1949. Sabela De Cambados é de nacionalidade española coa participación de España.
Producida por SUEVIA FILMS.
Coa actuación de: Rafael Bardem, Felix Fernandez, Xan Dás Bólas, Amparo Rivelles, Mario De Bustos, Jorge Mistral,Maria Fernanda Ladron De Guevara,Fernando Fernández De Córdoba, Rina Celi
Título Orixinal: SABELA DE CAMBADOS
Ano Produción: 1948
Nacionalidade: ESPAÑA
Director: RAMÓN TORRADO
Guión: JOSÉ MARÍA ALONSO PESQUEIRA, RICARDO DO MAZO, ADOLFO TORRADO
Fotografa: MICHEL KELBER, ANDRÉS PÉREZ CUBERO
Música: FERNANDO DÍAZ GILES, ALONSO MISOL
Intérpretes: MARGARITA ALEXANDRE, RAFAEL BARDEM, XAN DÁS BÓLAS, MARIO BUSTOS, RINA CELI, FERNANDO FERNÁNDEZ DE CÓRDOBA, FÉLIX FERNÁNDEZ, MARÍA FERNANDA LADRÓN DE GUEVARA, JORGE MISTRAL, FERNANDO REI, AMPARO RIVELLES
Sinopsis: De regreso de América, Juan comproba que o seu amor por Sabela, que se casou con outro, non se extinguiu. 

Sabela Pillado
Sabela Pillado dinos no seu libro  “O cine en Cambados” editado no 2009 por Candea sobre esta pelicula: O primeiro e máis rechamanete do caso é o  deste melodrama folletinesco, dirixido por Ramón Torrado en base a unha obra do seu irmán Adolfo. A pesar do que parece indicar, este filme non foi rodado en Cambados, nin aparece mención algunha  da vila salvo  no seu titulo. Este feito desatou no momento as queixas dos cambadeses, que non entendian o por qué do emprego do nome da súa vila. Isto é plasmado por exemplo, nunha crónica xornalista de M. González  Romero o 30 de marzo de 1951 en Galicia, que acudie á estrea en Bos Aires acompañado dun grupo de integrantres da Sociedade “Nativos del Ayuntamiento de Cambados”, coa esperanza de ver reproducida na pantalla do exilio a súa terra natal. Por iso mesmo (á parte de pola mala calidade da pelicula) o seu descontento: “…de Cambados, nin noticias…quixésemos saber por que razón o autor titulouna Sabela de Cambados. Cremos que non houbo motivo para iso, e se o houbo, só el señor Torrado sábeo. O que lamentamos profundamente, é que sendo Cambados un pobo posuidor dun das paisaxes mais belos de Galicia...fora obxecto dun esquecemento semellante. Os cambadeses honrados, dignos fillos dese pobo, non poden pasar por alto esa falta de consideración…e queremos deixar sentada a nosa formal protesta por tan descarado engano...”.



                   

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: