30 de mar. de 2012

QUE É ISTO?, DE QUEN É ISTO? COMO NON TEN CARTEL IDENTIFICATIVO

Dende hai varios días estase a facer o que parece unha grande obra a veira da capela de San Antón na Modia. Unha grande obra, que non se sabe de quen é, que non se sabe quen a está a construir, unha obra  con movementos de terra, movementos de pedra e todo iso sen o oportuno cartel idenficativo como legalmente corresponde. Hai multitude de rumores na vila sobre esta obra, din que un concelleiro de Cambados, residente nunha parroquia e familar dun alto cargo da Xunta en Pontevedra,  está a facer de cabeza visible. O devandito alto cargo parece que está no medio é dicir Touris,
tamén din que está no medio Louzan. Nesta finca segundo algúns veciños foron destruidas numerosas árbores autoctonas protexidas sen que actuara o Seprona pese a que un veciño denunciou este feito por escrito. 
Hai quen di que é unha gran prantación de albariño que pree tamén a construcción da adega. Todos queremos saber que o que está a pasar nas inmediacións de San Antón. Esta historia lembranos o da quela famosa adega Agnusdei que fundou o ex presidente do Celta Horació Gómez na compaña de Cabezas ex alcalde de Ourense e o presidente da Deputación Louzan e incluso decian que tamén andaba Toruis polo medio todo esto baixo a “supervisión” de Caixanova. Evidentemente Louzan “non rezaba” pero si rezaban persoas da súa confianza como  José Castro Mougan e Oscar Miniño Otero este ultimo o parecer compañeiro sentimental  dunha antigua secretaria de Louzan. 
Esta empresa creouse por un préstamo da Xunta de Galicia de 500 millón de pesetas ( 3 millóns de euros) a fondo perdido. “Misteriosamente” o 3 de Agosto  de 2002, Adegas Agnusdei recibiu en Cambados o segundo premio do Albariño, o acto foi presidido por Manuel Fraga, Horacio Gomez recibiu o galardón  do que foron testemuñas a actual ministra Ana Pastor,  o exconselleiro Xesús Palmou. Esperemos que con este obra non esteamos perante un novo caso “Agnus Dei”. Animedevos e comentarnos o que saibades sobre o tema.
Varios datos deste post foron recollidos de “Novas da Galiza” periodico dixital.
http://www.novasgz.com/pdf/ngz23.pdf 
http://www.novasgz.com/pdf/ngz52.pdf



               

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: