16 de abr. de 2012

CAMBADOS UN BO EXEMPLO DE INFRACTRUCTURAS E DE POSTOS INUTIS

Está claro que Cambados é un bo exemplo onde se malgastaron os cartos cando as habia a mans cheas,  Touris e Aragunde non fixeron mais que inaugurar cousas inutÍs coas que sair na prensa e labrarse así un futuro a fronte de concello e todo hai que dicilo coa anuencia da prensa de Arousa que agora comezan a criticalo,  pero moi timidamente.  Cuestionouse en máis dunha ocasión a rendibilidade económica da súa rede de museos, e os críticos apuntan especialmente á Casa do Pescador de San Tome e o Museo de viño
de Santa Mariña, non deixan de ser mais que un nido de enchufados que realmente cando traballan realmente, agás algunha excepción honrosa, e en época electoral en horas lectivas  para o partido como xa temos probado neste blog. 
No caso do Pazo de Torrado, que custou 2,1 millóns de euros (coa horta), os veciños algo gañaron con esa adquisición,  un  parque público , así como unha sala de exposicións con escasa actividade, por certo,  pero mercouse en principio para ser sede do consello Regulador e logo como xa contamos aquí mais dunha vez Touris como se Xudas fose trocou o seu posto de senador pola sede do consello en Pontevedra. Con todo, Torrado xamais exerceu tampoco como  como sede histórica do consello regulador, cousa que tamén prometera Touris,  da denominación de orixe Rías Baixas, unha pomposa distinción coa que no seu día se quixo apagar o malestar xerado en Cambados coa designación de Pontevedra como sede administrativa oficial do consello como xa dixemos anteriormente. 
Se seguemos o percorrido urxe atopar unha finalidade clara ao edificio do Centro Comarcal, case baleiro de actividade administrativa e convertido en local de reunións esporádicas e unha especie de oficina de turismo tras o desmantelamento das fundacións comarcais. Así mesmo, gastouse unha gran cantidade de diñeiro na rehabilitación de dúas telleiras de Castrelo (polo menos unha delas privada), pero a día de hoxe non existe aproveitamento turístico das mesmas. Nin sequera a páxina web do concello inclúe información sobre elas, por certo unha páxina web prácticamente inútil e iso que temos un asesor de prensa e un axudante do asesor de prensa, e cando se actualiza e para facer publicidade gratuita do alcalde e do seu partido,  menos mal que hai outras paxinas en Cambados mediante as cales nos enteramos de case todo.  
Noutras ocasións, o malgasto parece debido a graves erros técnicos. No porto de Tragove (Cambados) desperdiciáronse miles de euros coa construción frustrada dun dique de abrigo. Empezouse a construír o brazo do espigón, pero ao pouco tempo comezou a afundirse debido aos lodos do fondo. Desde entón a obra está parada e enchéndose de malas herbas, para desesperación dos armadores.
En canto a postos ínutis no concello hai varios e para escoller,  o primeiro e o mais caro o asesor xurídico do concello que cobra mais de tres mil euros mensuais, existindo a figura do Secretaria que é realmente quen ten que realizar tar labor, un arqueologo municipal que cobra mais de 1600 euros mensuais, tendo un técnico de patrimonio  como o Sr. Montero que  pode informar sobre os temas en cuestión sen ningún problema, temos un arquitecto que non se sabe nin canto cobra , cando hai un aparelledor municipal para estas lides. Temos un animador deportivo, discutible ou non a súa labor eso deixovolo a vosa opinión, pero o cal ten un axudante, esto xa é o colmo dos gastos inútiles. Podiamos seguir  con cargos inútiles dentro do concello pero para que aburrirvos, e despois temos que apretarnos o resto dos humanos o cinto. ¡¡¡HAI QUE JODERSE!!!
                          
                                                
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: