O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza este mércores, 25 de abril, unha charla co título"Campos electromagnéticos, subestacións eléctricas e saúde". Esta charla está organizada en colaboración coa Asociación de Veciños San Vicente-Oubiña. Moitos dos veciños do lugar de Oubiña están mostrando a súa preocupación pola instalación dunha subestación eléctrica na zona.
Xulio Carmona, socio da Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra, responsable de varias campañas informativas dos efectos nocivos da contaminación electromagnética.
Xulio Carmona, socio da Asociación en Defensa da Ría de Pontevedra, responsable de varias campañas informativas dos efectos nocivos da contaminación electromagnética.
A cita, para toda persoa que queira asistir, é ás nove da noite no Centro Cultural "Manuel Mariño Castro" en Oubiña (Cambados).
Esta Charla en principio estaba programa para celebrarse en Vilariño, pero o Luis Aragunde deu ordes para que este colectivo non pondera levala a cabo. A asociación de veciños San Vicente de Oubiña cedeu xentilmente o local.
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario:
Publicar un comentario