O Xuven de Cambados organizará a fase de ascenso a LEB Prata no Pavillón do Pombal. En principio a normativa recollia eliminatorias a ida e volta, a primeira delas xogaríase os días 13 e 20 de maio, e entrarían os tres primeiros clasificados de cada grupo e o cuarto do grupo E (de Levante) que curiosamente sería
o rival do Xuven, cuxo coeficiente de vitorias esta tempada sitúalle como o mellor no ranking EBA que realiza a FEB. Para ascender era necesario pasar dúas eliminatorias, pero os clubs, sobre todo os cataláns, querian e conseguiron establecer fases de ascenso por concentracións, son catro en diferentes puntos de España e optarían a organizalas os mellores clasificados de devandito ranking, polo que o Xuven é un dos beneficiados. O equipo de Yago Casal, tras eliminar ao Torrelavega, ten tres semanas por diante para preparar a fase de ascenso. A data para a celebración da fase está por determinar. O capitán do xuven manifestou en Radio Arousa que preferia elimitorias, porque a fase non tes tempo a reaccionar, "si che sae mal un partido perdes por un punto quedache unha cara de tonto", pero entendia que primaran os intereses económicos, o xogase a fase aforran moitos cartos os equipos.

Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario