12 de maio de 2012

ANIVERSARIO DE “A COCIÑA DE TELMO” SITO NA RUA REAL DE CAMBADOS

Mañá domingo 13 de Maio cumpre o seu primeiro aniversario un local que dun tempo a esta parte acolle a gran cantidade de clientes, polo bo trato, polos excelentes profesionais que traballan nel, polas suas tapas, e polo seu bo rollo. Pois a partires das 21 horas dese día haberá importantes descontos nas consumisións, e moi importante, todo aquel que veña con sombreiro terá unha
consumición gratis, ademais todos os asistentes que veñan con sombreiro optarán a unha cea para él e tres amigos máis. A votación  farase dandolle a “me gusta” á foto do sombreiro mais orixinal no facebook “A COCIÑA DE TELMO” e durará ate o 19 de maio inclusive, o gañador publicarase o día 20 de maio e poderá escoller a data da cea. Non é necesario que merquedes un sombreiro para ir, podedes inventarvos un ou redecorar algún que teñades pola casa.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: