14 de maio de 2012

COAS PILAS CARGADAS DE NACIONALISMO AUTÉNTICO

Onte tiven e inmensa sorte de ser un dos afortunados en acudir a un feito histórico, a Convención do BNG, a convención da esperanza, a convención de auténtico nacionalismo  . O Pazo de Congresos estaba ateigado de publico, corredores cheos, vomitorios, non cabía un alfilete, a presentación e condución da Convención pola actriz galega Isabel Risco foi espectacular, distinta, bonita, entretida, a entrada triunfal dos
bombeiros do “Baixo Miño”, en fin todo espectacular. Tiven a sorte de ver a un BNG mais unido que nunca, máis forte que nunca.  Unha nutrida representación cambadesa  estaba alí en Santiago para ser testemuña tamén desta data histórica encabezada como non podía ser menos polo noso portavoz municipal Victor Caamaño. Víase camaradería, bo "rollo", xente contenta, non había que finxir para que “outros” estiveran ben, todo era auténtico. 
En toda a convención, a min pareceume ben, nin unha soa mención os escindidos, que por certo segundo di a prensa do réxime xa andan a “lios” entre eles. Teño que confesar que despois da asemblea nacional de febreiro a meu termómetro político baixou a cero, a anima caeume o chan e a verdade que estaba desanimado, non entendía como nunha asemblea totalmente democrática houbo xente que non soubo perder e quíxolle facer moito dano o BNG e mais que quixeron facerlle aliados con periódicos que  o único que fan  é “moverlle a auga o PP” e enchen o país de “intoxicacións masivas”,  pero non puideron co auténtico nacionalismo. Tiven un mes que non sabia o que facer pasáronme pola cabeza moitas cousas,  deixar a actividade municipal, abandonar o BNG, adherirme o Encontro Irmandiño, logo enfadeime cos escindidos cos cales eu estaba en gran parte dacordo sobre todo con este últimos, en fin falei con moita xente,  a verdade é que sentín que algunha xente coa que tiña moita afinidade persoal e política,  se foran do BNG. 
Pero despois do onte veño cos pilas cargadas de nacionalismo do auténtico, veño cargado coas pilas con compañeirismo de clase, veño cargado coas pilas da loita contra o PP, que para min é o único adversario político, os que se foron son como aquel familiar que marcha o estranxeiro pero non han tardar en volver a familia nacionalista é cuestión de anos e incluso algúns de meses, a “porta do BNG segue aberta para eles”. Veño cargado coas pilas para loitar contra este inxustiza que en Cambados, que se chama PP, se chama Luís Aragunde e se chama intolerancia, estar dúas horas onte no Pazo de Congresos sentoume moi ben, agora sei que fixen ben o ficar  no BNG, foi, é e será o auténtico  nacionalismo galego.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: