22 de maio de 2012

GRAZAS, GRAZAS MOITAS GRAZAS POLA VOSA FIDELIDADE.

“A ti meu Cambados”,grazas a vos,  acaba de batir un record que eu mesmo creía inbatibel, que era o de 1200 visitas diarias, onte concretamente esta blog acadou nada mais e nada menos que 1617 visitas nun só día, previsiblemente un
record imbatibel en moito tempo, e todo grazas a vosa fidelidade.  Xa o mes pasado de marzo “A ti meu Cambados” bateu outro record que de seguro tamén se tardará moito en acadar que foron nada mais e nada menos 20.936 visitas no mes.  
É evidente que este blog ten os seus detractores e os seus defensores , pero o que sempre digo está aberto a calqueira que quera escribir ou contestar alguna nova, só lle pido unha cousa, a identificación previa. Estes días estou a ter unha penquena polémica cun seguidor do blog sobre que lle censuro os comentarios, non é certo están esperando moderación mentras non se identifique porque hai algúns, que sen entrar a valorar se ten ou non razón, é necesario a súa identificación, identidade obviamente que ficaria no meu poder  e nunca se faria publica e menos que haixa unha resolución xudicial por medio. Así como eu me identifico plenamente tamén pido os que escriben que se identifiquen sobre todo cando insultan ou amenazan que tamén os hai, e por poñer un exemplo teño o caso dun colaborador que escribe co nome de “Martin Cobas” que está perfectamente identificado, como debe ser, pero manteño o seu anónimato. Bueno reitero as grazas a todos e os ánimos de moitos de vos para continuar ca labor , es especial a xente que me está facilitar información. Unha aperta a tod@s.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

CORES DE CAMBADOS dixo...

Ti ben sabes que os que non se identifican é porque non teñen o valor de dar a cara. Son "persoas" que usan o anonimato para defender ideas nas que nin eles mismo cren. Ti coma sempre..........pra diante!