28 de maio de 2012

I SERÁN DA CAPELA, EN XIL MEAÑO.

A Asociación Cultural Penaguda de Dena (Meaño), en colaboración coa Taberna de Cancela, organiza este ano o seu primeiro seán o sabado 16 de xuño  ás 22 h. Para esta ocasión o sitio elixido foi a acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño). A organización anima a toda a xente que queira achegarse a votarlle unhas pezas e uns bailes.Unha característica especial deste serán e que os que toquen non teñen que inscribirse ou anotarse en ningún sitio, simplemente hai que decirllo á organización e agardar a que
acaben de tocar os que estean actuando.O serán será a partir das 22:00 e ata que o corpo aguante.Haberá chocolate quente e queimada de balde para os asistenrtes!!
Como Chegar:
Na AP9 toma a saída 119 para incorporarte á Autovía de Salnés/AG-41 en dirección Cambados/Sanxenxo/O Grove
Unha vez na Autovia do Salnes, toma a saída 15 Dena/Meaño 
Unha vez na rotonda que hai na saída so tes que seguir este mapa do seguinte enlace, ata a Capela das Angustias:
Situate no mapa: http://goo.gl/maps/pAGk


                     

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: