22 de maio de 2012

O CAMBADÉS NITO ROMERO SEGUE ESTABLE DENTRO DA GRAVIDADE

Estable dentro da gravidade. Así é o estado de Benito Romero, o policía local de Vilagarcía, natural de Cambados,  que o domingo disparábase accidentalmente no tórax cando, segundo investígase, limpaba a súa arma regulamentaria. Polo que sabe por algún portavoz non oficial da familia é que ”.  “evoluciona favorablemente dentro da gravidade e moi lentamente”.
Este blog reitera  o seu apoio á familia e aos compañeiros nestes intres tan complidados para todos eles. Nito Romero, como é coñecido en San Tome o seu barrio natal,  é sen dúbida o policía local de Vilagarcía máis coñecido por parte dos escolares do municipio. De feito os profesores da Escola de Música decidiron aprazar ata novo aviso a representación do proxecto “O Gato con Botas”previsto para mañá e no que o axente participaba activamente como narrador. Nito é militante da CIG e sobre todo unha gran persoa e un gran profesional.
Parello ao estado do axente municipal continúa aberta a investigación para esclarecer as causas exactas do sucedido o domingo nas dependencias das oficinas da Policía Local. A Policía Científica estivo no Concello para solicitar probas e realizar os trámites oportunos neste tipo de sucesos.
Ao parecer, e segundo o que sinalaron o mesmo día do suceso fontes municipais, Benito Romero atopábase na oficina da Policía xunto con outros dous axentes. Un deles estaba, ao parecer, cerca do ferido e ao escoitar o disparo acudiu de inmediato ao seu lado.
O outro axente atopábase na parte superior e, ao escoitar a detonación, tamén se acudiu de inmediato na oficina municipal. Os dous policías deron a alerta de inmediato e avisaron a unha ambulancia que trasladou inmediatamente a Benito Romero ao Hospital do Salnés.
De forma inmediata tamén recibiu a advertencia a xefa da Policía Local que, ao redor das cinco e media da madrugada, tamén se puxo en contacto co alcalde.
O axente foi sometido de urxencia a unha intervención cirúrxica no centro de Ande e, unha vez estabilizado e tras comprobar o alcance das lesións, os médicos decidiron trasladalo a Pontevedra.
A Benito Romerp extirpáronlle o bazo e o impacto afectoulle a un ril e ata a un pulmón e ao fígado. Os facultativos están pendentes da súa evolución.


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: