21 de maio de 2012

O PP ELIMINA PRAZAS DE CARTEIROS EN CAMBADOS

A Cig denuncia que recortaron en Pontevedra 300 prazas eventuais carteiros
O sindicato nacionalista  denunciou estes días que se recortaron 300 prazas eventuais de carteiros na provincia de Pontevedra e alertou do descenso na calidade do servizo e a "mobilidade de persoal" que isto ocasiona.
En rolda de prensa, a central sindical galega, sinalou que estes recortes producíronse en localidades como Arbo, Tomiño, Porriño, Tui, Sanxenxo, Cambados, Ponteareas ou Vilagarcía, entre outras.
No caso de Vigo, foron 13 prazas eventuais as que se deixaron de cubrir, derivando o traballo aos traballadores fixos, de modo que os contratados "quedan fóra".
"Correos cada día ten menos ingresos, temos débedas das outras administracións e estase deixando morrer a Correos", alertou  a CIG.
Ademais, expuxo que o "recorte zonal" en Galicia provocará un "empeoramento do servizo" e unha diminución na calidade.
A CIG avogou por "porlle remedio" a esta situación e avanzou que non descartan mobilizacións. 
No 2010 director do despacho cambadés, Julián Anca, recolleu en nome dos compañeiros da unidade o premio que recoñece a mellora continua e a calidade do servizo ofrecido a cidadáns e clientes. Son consideradas Oficinas Excelentes as que obteñen maior puntuación dentro do club dos 300, formado por aqueles despachos que lograron máis de 300 puntos segundo o indicador de calidade Audinter.
           
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: