5 de maio de 2012

“OS PIÑEIROS” GAÑADORES DO CONCURSO DE PINCHOS

O sorteo realizouse entre as máis de 200 papeletas que foran debidamente cumprimentadas neste primeiro concurso que, en palabras do presidente de Zona Centro, Marcos González «foi un rotundo e inesperado éxito».
Estes vales son un premio de agradecemento ao numeroso público que, co seu votos, elixiu á mellor tapa das doce que presentaron a concurso os seis locais participantes. O gran triunfador deste primeiro concurso foron as tapas de "Os Piñeiros" situado na avenida
da Pastora, que lograron a máxima puntuación coas súas dúas tapas, sendo a terceira máis votada unha das tapas de "A casa de Miguel", situado en Fefiñáns. Ante o gran éxito obtido, e conscientes de que moita xente quedou sen probar a súa tapa, os responsables de "Os Piñeiros"decidiron incorporala durante un tempo á súa carta habitual.
Lista completa de agraciados cos vales consumición:
Oscar Serantes, Sergio Abal Lobato, Sofía Vilanova, Jesús Sueiro Lemos, Marcos Escudeiro, Juan Jose Portas, Nuria Daporta, Eladio Fernández, Sonia Cristina Marinho, Angel Branco, Rubén Solla Chan e Miriam Allo Rodríguez.
Nova recollida de http://cambados.org.es


Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: