21 de xuño de 2012

EDUARDO BAAMONDE INVITADO A BIENAL CLERMONT -FERRÁND

Eduardo Baaamonde foi invitado a importante Bienal de caderno de viaxe en Clermont-Ferrand celebrarase sobre novembro, esta cidade está enclavada na rexión de Auvernia e coñecida mundialmente por que  é ali donde a fábrica Michelin ten a súa central. Cada ano hai unha temática. O obxectivo da
bienal é presentar o traballo de autores de todo o mundo que viaxan, debuxan e escriben, compartindo a súa experiencia a través das súas obras. 
As actividades que se realizan son moi variadas. Proxéctanse vídeos sobre as viaxes e a realización dos cadernos, curtametraxes, mesas redondas e conferencias. Ademais existen talleres de traballo con diferentes artistas e técnicas.

A famosa Praza das Rodas de Fefiñans, por Eduardo Baamonde.

Eduardo Baamonde vive por e para a pintura, afeción que compaxina co labor de mestre de debuxo no instituto de Sanxenxo. Nado en Vilalba no 1962, leva máis de 20 anos afincado en Cambados e na Rúa San Roque ten o seu taller de pintura,  e veranea na Mariña luguesa, unha realidade que se reflicte na súas obras nas que «asoman os recordos infantís e xuvenís da Chaira, pero bañados por un mar», como el mesmo di.
Sen perder de vista os elementos máis clásicos da pintura (composición,  xeometría, iluminación, cromatismo...) trata de plasmar un mundo sobre a superficie pictórica totalmente alleo ó que contemplamos na nosa vida cotiá, de aí que apareza un imaxinario cheo de obxectos ou seres que nos lembran dalgún xeito formas reais pero que viven por si mesmas unha vida dentro do cadro.


NA COLUMNA DA DEREITA PODES VER TODA UNHA SERIE DE PINTURAS DE EDUARDO SOBRE CAMBADOS.

                              
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: