7 de xuño de 2012

A MANCOMUNIDADE PRESIDIDA POR GONZALO DURAN DO PP ENFRÓNTASE O ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS

O Salnés A Mancomunidade do Salnés deberá ver na súa reunión un contenciosos-administrativo, por mor demanda  interposta polo ente comarcal Asociación Protectora de Animais de Cambados. A Mancomunidade ten que nomear agora avogado e procurador, e o asunto abórdase no pleno que a institución celebra ás 20 horas de hoxe no Centro Comarcal (Cambados).
A demanda  da Asociación Protectora de Animais de Cambados, está relacionada co floco supramunicipal que a Mancomunidade construíu en Armenteira (Meis) e que agora quere ceder á Deputación provincial. Os concellos do Salnés convocaron no seu día un concurso de explotación, e o único proxecto que se presentou foi o de Cambados. 
Por iso, a entidade que dirixe Olga Costa entende que son os gañadores do concurso e que teñen que facerse cargo do floco, mentres que a postura da Mancomunidade é que non se fixo unha adxudicación formal, e que polo tanto a Deputación pode convocar un novo concurso, como de feito é a súa intención. O caso dirimirase nos xulgados.
Gonzalo Durán entende que neste caso a Mancomunidade leva as de gañar "porque os informes técnicos son claros", pero a veces este home entende cousas tan raras  que un non sabe a que aterse, eu pensó que quen ten razón é Asociación e así tamén o pensa o seu letrado Carlos Alonso, que disto entende un pouquiño mais  que Gonzalo Durán.
                           
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: