14 de xuño de 2012

O CONCELLO DE CAMBADOS ESTÁ GOBERNADO POR UN DICTADOR?

NIN NEGOCITO, NIN TIRADO, NIN TOURIS FORON TAN RETROGADOS COMO LUIS ARAGUNDE.
Todo o mundo sabe que Hitler, dictador recoñecido pola historia subiu o poder mediante unhas eleccións democráticas, e todo o mundo sabe tamén como acabou, non digo que sexa caso de Luis Aragunde pero co rumbo que leva  vai camiño de
convertirse en todo un pequeno dictadorzuelo, e porque dicimos isto, pois pola cantidade de "chafalladas" que están a ocorrer dentro e fora do concello de Cambados. 

No concello de cambados, dende a chegada do PP, todo mundo entra por enchufe.

O BNG xa denunciou por activa e por pasiva, pese a que os medios de prensa fan caso a medias, que dende xaneiro deste ano Luis non pasa as actas de goberno a oposición cando ten a obriga de facelo os dez días de celebrarse as xuntas de goberno, non contesta os escritos do BNG e cando o fai,  faino a “sorra”, ironizando e case burlándose da oposición, o BNG ben de colgar no seu blog que novamente acude o Valedor do Pobo porque dende o día 28 de outubro de 2011, o grupo municipal , en cumprimento das súas funcións de control e fiscalización do labor do goberno municipal de Cambados, como lle corresponde como grupo da oposición, ven demandando reiteradamente do Alcalde  información sobre a relación profesional de D. Rafael Riveiro Álvarez co concello de Cambados. Segundo queda recollido nas actas da Xunta de Goberno e na Conta Xeral do Ano 2.010 deste concello, con periodicidade mensual,  D. Rafael Riveiro Álvarez, ven  percibindo a cantidade de 3.020.80 €, segundo consta no blog do BNG,  en función de servizos de asesoramento xurídico. 

"con todo cariño"

Que con respecto a este asunto a Intervención municipal ten manifestado a súa disconformidade  coa forma na que o concello está a dispor dos servizos de asesoría xurídica co citado profesional,  afirmado textualmente (Conta do Ano 2010) o seguinte:

Rafale Riveiro, pasou a formar parte do personal laboral do concello sen ningunha clase de concurso oposición, polo morro de Luis.

“trátase de profesionais (refírese aos servizos de Asesor Xurídico e tamén ao de Arqueólogo) que veñen cobrando mensualmente mediante presentación de factura como contrato de servizo (o arqueólogo desde hai anos), en contra da lexislación de contratación administrativa, tanto pola duración do contrato como pola ausencia de procedemento de licitación coñecido… En ámbolos dous casos a facturación supera amplamente a contía (18.000 €) para ser considerado un contrato menor. …debe terse en conta polo que atinxe aos servizos de asesoría xurídica, que na relación de postos de traballo no concello aparece prevista e dotada orzamentariamente a praza de Letrado-asesor xurídico, téndose iniciado o proceso selectivo para a cobertura de dita praza anos atrás, sen que lle conste a esta Intervención ningunha xustificación da súa paralización. 

Luis ten mais morro que Carmen de Mairena

Que, ademais, segundo a Intervención municipal, estas irregularidades poderían ser motivo de que o referido asesor xurídico puidera esixir ao concello  pasar a formar parte do cadro de persoal  con contrato fixo sen ningún tipo de selección previa, motivo polo cal o grupo municipal do BNG solicitou da alcaldía resposta á seguinte batería de preguntas (escrito do 28-10-2011 ; R.E. nº 2011/7804):  
1º.- Que clase de contrato laboral ten, en caso de telo,  D. Rafael Riveiro Álvarez co Concello de Cambados e en caso afirmativo se expida pola Sra. Secretaria do Concello de Cambados testemuño do mesmo, para poder ser utilizado noutras instancias.
2º.- Caso de non posuír contrato ningún expídase, pola Sra. Secretaria do Concello de Cambados, testemuño de todas as facturas a nome do devandito asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez, para poder ser utilizada noutras instancias.

Luis, minte , mais que fala.

3º.- Que pola Sra. Secretaria do Concello de Cambados se expida certificación acreditativa do número de procedementos tanto civís, como penais, laborais, contencioso-administrativos, mercantís ou de calquera outro orden xurisdicional no que houbera participado como letrado ou asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez, e no que fora parte o Concello de Cambados, facendo constar na mesma certificación os números dos procedementos e os xulgados ou instancias onde se houberan tramitado,  para poder ser utilizada noutras instancias. 
4º.- Que pola Sra. Secretaria do Concello de Cambados, se expida certificación acreditativa na que consten todos os procedementos civís, penais, laborais, contencioso administrativos, mercantís ou calquera outro orden xurisdicional  no que o Concello de Cambados sexa parte e non houbera participado nos mesmos como avogado ou asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez, facendo constar na mesma certificación os números dos procedementos e o xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizado en outras instancias.. 
5º.- Que pola Sra. Secretaria do concello de Cambados se expida certificación acreditativa  na que conste relación de todos os procedementos nos que houbera participado o asesor xurídico don Rafael Riveiro o e foran parte calquera empregado do Concello de Cambados, tanto persoal laboral, funcionarios, policías locais, contratados ou calquera persoal relacionado laboralmente co concello,  facendo constar na mesma certificación os números dos procedementos e o xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizado noutras instancias.
6º.- Que pola Sra. Secretaria do concello de Cambados se expida testemuño de todos os informes xurídicos realizados ata o dia data polo asesor xurídico do Concello D. Rafael Riveiro Álvarez dende que traballa para o concello de Cambados con relación dos asuntos ou expedientes onde foron realizados tales expedientes e os xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizada noutras instancias.
7º.- Que pola Sra. Secretaria do concello de Cambados se expida certificación acreditativa na que conste a contratación, asesoramento ou intervira en calquera asunto xurisdicional outro asesor xurídico ou avogado que non fora Rafael Riveiro Álvarez, para poder ser utilizada noutras instancias, caso de habelos, relación dos asuntos ou expedientes onde foron realizados tales expedientes e os xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizado en outras instancias. 
8º.- Que o Sr. Alcalde do concello de Cambados informe por escrito cal é a razón,  motivo ou causa de que o asesor xurídico do Concello de Cambados  sexa a persoa  coa remuneración mensual máis alta do Concello de Cambados, incluído o propio Alcalde, para poder utilizada noutras instancias.
9.- Que pola Sra. Interventora Municipal se expida informe no que conste si existe algunha normativa, lei, circular, etc,  na que debido ao tempo que leva cobrando o asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez e na forma en que o leva facendo, podería esixir legalmente o seu ingreso como persoal fixo no concello de Cambados, para poder ser utilizado noutras instancias.
10.- Que pola Secretaria do Concello de Cambados  se expida certificación na que conste si o asesor xurídico do Concello D. Rafael Riveiro Álvarez posúe ou utiliza despacho algún no concello de Cambados, para poder ser utilizada noutras instancias.
11.-Se expida certificación acreditativa pola Sra. Secretaria do concello de Cambados  se nese despacho, en caso de telo ou utilizalo, o asesor xurídico do concello D. Rafael Riveiro Álvarez asesora a cidadáns que non teñan relación contractual co Concello de Cambados pero que veñan a pedir este asesoramento xurídico por razón do seu cargo, para poder ser utilizado en outras instancias.
12.- Que pola Sra. Secretaria do concello de Cambados se expida certificación acreditativa da relación de persoas licenciadas en dereito, avogados e procuradores que teñan relación contractual, laboral, de asesoramento, ou exerceron tal cargo nalgún asunto tanto civil, penal, contencioso administrativo, laboral , mercantil, ou calquera outra xurisdición  no que fora parte o concello de Cambados ou calquera empregado deste no exercicio do seu cargo, para poder ser utilizada noutras instancias.
13.- Que pola Sra. Secretaria  e pola Sra. Interventora do concello de Cambados, se informe se a continua “fiscalización de disconformidade” das facturas do asesor xurídico do concello de Cambados, D. Rafael Riveiro Álvarez, reparo levantado sempre por resolución do Sr. Alcalde D. Luís Aragunde Aragunde, pode incorrer nalgunha clase de responsabilidade ou si existe xurisprudencia ao respecto, para poder ser utilizado dito informe en outras instancias.
Que a falta de resposta por parte da Alcaldía, dita solicitude foi realizada novamente nun escrito o 22 de febreiro de 2012 (R.E. nº 2012/1088) e finalmente nun escrito de data 23 de abril de 2012 (R.E. nº 2012/2557) para que foran contestadas no Pleno do 26 de abril de 2012.
No pleno do 26 de abril, a Alcaldía da as seguintes respostas a algunhas das preguntas do BNG que, como se pode comprobar, son unha verdadeira evasiva á petición de información por parte do grupo municipal:
CONTESTACION AS PREGUNTAS FORMULADAS POLO B.NG. en escrito de data 23.04.2012 (R.E. nº 2012/2557), en relación co ó Asesor Xurídico:
1.- Que clase de contrato laboral ten?,
Resposta.- É persoal laboral deste Concello.
2.- Caso de non posuír contrato ningún expídase, polo Sr. Secretario do Concello de Cambados, testemuña de todas as facturas a nome do devandito asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez, para poder ser utilizada noutras instancias.
Resposta.- Entendemos que non procede.
Con respecto ás preguntas 
3.- Que se expida certificación acreditativa do número de procedementos tanto civís, como penais, laborais, contencioso-administrativos, mercantís ou de calquera outro orden xurisdicional no que houbera participado como letrado ou asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez, e no que forma parte o Concello de Cambados, facendo constar na mesma certificación os números dos procedementos e os xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizada noutras instancias.= 
4.- Que se expida certificación acreditativa na que consten todos os procedementos civís, penais, laborais, contencioso administrativos, mercantís ou calquera outro orden xurisdicional no que o Concello de Cambados sexa parte e non houbera participado nos mesmos como avogado ou asesor xurídico D. Rafael Riveiro, facendo constar na mesma certificación os números dos procedementos e o xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizado en outras instancias.= 
5.- Que se expida certificación acreditativa na que conste relación de todos os procedementos nos que houbera participado o asesor xurídico don Rafael Riveiro e foran parte calquera empregado do Concello de Cambados, tanto persoal laboral, funcionarios, policías locais, contratados ou calquera persoal relacionado laboralmente co concello, facendo constar na mesma certificación os números dos procedementos e o xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizado noutras instancias.= 
6.- Que polo Sr. Secretario do concello de Cambados se expida testemuño de todos os informes xurídicos realizados ata o dia data polo asesor xurídico do Concello D. Rafael Riveiro Álvarez dende que traballa para o concello de Cambados con relación dos asuntos ou expedientes onde foron realizados tales expedientes e os xulgados ou instancias onde se houberan tramitado, para poder ser utilizada noutras instancias.= 
7.- Que se expida certificación acreditativa na que conste a contratación, asesoramento ou intervira en calquera asunto xurisdicional outro asesor xurídico ou avogado que non fora Rafael Riveiro utilizada noutras instancias, caso de habelos, relación dos asuntos ou expedientes, onde foron realizados tales expedientes e os xulgados ou instancias onde fose tramitado, para poder ser utilizado en outras instancias.
Resposta.- En canto ós procedementos nos que está incurso o Concello, se así o  desexan, poden contactar co Sr. Riveiro para que lles facilite a información que precisen.
8.- Que o Sr. Alcalde do concello de Cambados informe por escrito cal é a razón, motivo ou causa de que o asesor xurídico do Concello de Cambados sexa a persoa coa remuneración mensual máis alta do Concello de Cambados, incluído o propio Alcalde, para poder utilizada neutras instancias.
Resposta.- Eso non é certo     
9.- Que polo Sra. Interventora Municipal se expida informe no que conste si existe algunha normativa, lei, circular, etc, na que debido ao tempo que leva cobrando o asesor xurídico D. Rafael Riveiro Álvarez e na forma en que o leva facendo, podería esixir legalmente o seu ingreso como persoal fixo no concello de Cambados, para poder ser utilizado noutras instancias.
Resposta.- ???
10.- Que polo Secretario do Concello de Cambados se expida certificación na que conste si o asesor xurídico do Concello D. Rafael Riveiro Álvarez posúe ou utiliza despacho algún no concello de Cambados, para poder ser utilizada neutras instancias.
Resposta.- ???
11.- Se expida certificación acreditativa polo Sr. Secretario do concello de Cambados se nese despacho, en caso de telo ou utilizado, o asesor xurídico do concello D. Rafael Riveiro Álvarez asesora a cidadáns que non terían relación contractual co Concello de Cambados pero que veñan a pedir este asesoramento xurídico por razón do seu cargo, para poder ser utilizado en outras instancias.
Resposta.- ???
12.- Que polo Sr. Secretario do concello de Cambados se expida certificación acreditativa da relación de persoas licenciadas en dereito, avogados e procuradores que teñan relación contractual, laboral, de asesoramento, ou exerceron tal cargo nalgún asunto tanto civil, penal, contencioso administrativo, laboral , mercantil, ou calquera outra xurisdición no que fora parte o concello de Cambados ou calquera empregado deste no exercicio do seu cargo, para poder ser utilizada noutras instancias.
Resposta.- ???
13.- Que polo Sr. Secretario e pula Sra. Interventora do concello de Cambados, se informe se a continua "fiscalización de disconformidade" das facturas do asesor xurídico do concello de Cambados, D. Rafael Riveiro Álvarez, reparo levantado sempre por resolución do Sr. Alcalde D. Luís Aragunde Aragunde, pode incorrer nalgunha clase de responsabilidade ou si existe xurisprudencia ao respecto, para poder ser utilizado dito informe en outras instancias.
Resposta.- ???
Para evitar dar contestación ás preguntas do BNG, hai uns meses (neste momento non poden indicar a data concreta porque lle envían as actas da Xunta de Goberno Local con máis de 4 meses de retraso –a última que lle enviaron ten data do 30 de xaneiro deste ano-) o Concello contratou ao  citado Asesor Xurídico, pasando este a formar parte do cadro de persoal coa categoría  de “persoal laboral”. Deste xeito, desde hai un par de meses, pasou de cobrar por servizos prestados ao concello a formar parte da súa plantilla de persoal (sen ningún tipo de selección previa; por suposto), razón pola cal o alcalde considera que non ten porque responder ás preguntas do BNG, ocultándolle aos veciños e veciñas de Cambados ás irregularidades cometidas, neste asunto, nos anos 2010 e 2011. Recórdese que as preguntas do BNG son do 28 de outubro de 2011 e, polo tanto, nelas solicítase información sobre un período anterior a dita data; información que se nos nega reiteradamente desde o mes de outubro.
Como se pode concluír pola resposta definitiva dada  ás preguntas do BNG, no Pleno do 26 de abril de 2011, o alcalde non facilita a información solicitada reiteradamente durante meses, ocultando á oposición e á cidadanía a información e transparencia na utilización e xestión dos cartos públicos que está a facer o goberno municipal do PP de Cambados. Incluso toma a decisión de  cambiar a situación laboral do citado profesional para tentar, con esa burda artimaña, evitar dar resposta ás nosas preguntas, pero demostrando, con este xeito de facer as cousas, unha nefasta xestión municipal carente da máis mínima transparencia. Considera o BNG que coa definitiva resposta, o alcalde está tentando  entorpecer o labor de concelleiros, negando a información  polo que este grupo  ven de solicitar que en defensa dos seus dereitos como concelleiros, o Sr. Valedor do Pobo interceda para que o alcalde de Cambados facilite a información requirida polo grupo municipal do BNG en relación aos servizos xurídicos prestados e cobrados ao noso concello, por Don Rafael Riveiro Álvarez, con data anterior ao escrito do 28 de outubro de 2011.
Nin Negocito, nin Tirado, Nin Touris, presuntamente mais duros e cabezóns presuntamente que Luis Aragunde, chegaron a estes estremos de negar información a oposición, raiando así, delitos como o de prevaricación e deixadez de funcións. Como dixo Victor Caamaño, o BNG está disposto a todo.

Ningún comentario: