17 de xuño de 2012

O DE MANOLO ESCOBAR PARA O ALBARIÑO, É LAMENTABEL E INHUMANO

Polo de agora o que se di confirmado polo momento para o Albariño só está o grupo granadino “La Guardia” (xoves 2 de agosto) , e asi nolo fan ver na súa páxina web. Preto das outras actuacións Macaco e Manolo Escobar ainda que sonan en varios medios de prensa de xeito case seguro ainda non están confirmados, así Macaco aindo no fixo constar na súa páxina web esta actuación polo que supoñemos que ainda non está pechado e en canto a Manolo Escobar esto merece un
capitulo aparte. Este home non ten paxina web oficial polo tanto non sabemos se está ou non confirmada a súa actuación, o que si podemos dicir é que como se pode traer a actuar a un home de 81 anos  sufriu unha pancreatitis (2001), un ictus (2002), dúas operacións a corazón aberto e, en maio do 2010, un tumor no colon, unha rotura de fémur en marzo do 2012,  Deus queira que non teña que actuar cunha Uvi Móvil o lado, e esperemos que o home non corra a sorte de “El Fari”, Rocio Jurado ou de Boney M.  que pasaron a mellor vida despois de actuar en Cambados, coido que é inhumano facer actuar a un home nestas condicións físicas. Non criticamos a austeridade, efectivamente hai que aforrar, pero  mentras o noso Alcalde vai invertir na estatua de Fraga 40.000 euros  e que pensa inaugurar precisamente na Festa do Albariño non podemos deixar de criticar este feito, ou mentras grupos galegos como Lamatumba. Herdeiros da Crus, Treixadura, Ivan Ferreiro, etc, son ignorados polo noso concello. 



                            
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: