28 de xul. de 2012

A FEIRA MEDIEVAL DE PONTEARNELAS, UN FRAUDE OS CIDADÁNS. A FESTA TIÑASE QUE FACER NA PRAZA DE FEFIÑANS

Pontearnelas intenta  regresar ao medievo para promocionar o Camiño a Compostela pero fracasa estrepitosamente.
Pontearnelas intentou  volver a engalanarse como na Idade
Media con motivo da nova edición da festa que emula aquela época, este ano, ademais, en honra ao recentemente oficializado tramo do Camiño de Santiago que cruza O Salnés, resultando a mesma un estripitoso fracaso e un fraude os cidadáns, estanse a meter cartos e cartos nesta festa  que non tira para diante, so serve para que os alcaldes que presuntamente  a organizan e catro “monas” que lle rin as suas grazas  quiten a foto e pouco mais. Se non é pola prensa ninguen se enteraria que existe esta festa.
Pombito na idade media non habia
gafas de sol.
Un programa pobre, raquitico que se fai coincidir coa festa de Santa Marta para que pareza que hai xente e chiringuitos. Hai que coller o touro polos cornos e organizar dunha vez por todas esta festa na Praza de Fefiñans e casco vello de Cambados, seria a unica forma de que esta festa fora para arriba e en todo caso, facer unha cousa parecida a Festa da Camelia, organizala cada ano nunha vila, pero onde se organiza está condenada o fracaso e levamolo dicindo dous anos. Outra das razóns polas que se fixo esta festa e que o “capo” Louzán queria rivalizar a Feira Medieval de Pontevedra, no que como vedes fracasou estrepitosamente, pero novamente os cartos como nos pon él senóns os cidadáns, que mais lle da. 
Quen tomou a palabra ates foi o rexedor vilanovés e presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, quen subliñou as importantes novidades deste ano, no que por primeira vez únense a feira medieval coa romaría de Santa Marta e todo o fin de semana dedícase ao novo tramo do Camiño que permite selar a Compostela no Salnés. Isto é unha verdadeira chorrada como todas as de Gonzalo Durán, o que está a facer é prostituir o Camiño de Compostela, por onde nunca pasou o camiño nunca debe pasar , e istes camiños son flor dun día, só sirven coma casi todas as cousas que fai o PP quitar a foto e pouco mais. Unha magoa de verdade.
Varias medios de prensa recoñecian a realizada e  testualmente dician “Aínda que cara á unha da tarde a afluencia de visitantes era máis ben escasa”. Lástima de cartos.


7 comentarios:

Anónimo dixo...

Primeiro recordar que por puentearnelas pasa o camiño frances e onde se facia o rito dos padriños,polo tanto puentearnelas merece unha festa e un recordo.segundo que si queredes que en fefiñans se faga esa festa facedea,pareceme un insulto que digas ou insinues que sexa trasladada a fefiñans,por esa regla de tres logo que a festa do albariño se faga nas parroquias que e donde estan a maioria das adegas e prantacions,donde se fai o preciado viño.¿Ou e que ai como sodes mais guais mais chachis todo facedes vos mellor?o que facedes ai e explotar o traballo que se fai nas parroquias.

Anónimo dixo...

O que quero engadir e que me da noxo que sea usada politicamente,os politicos dedicadevos a xestionar que pa eso vos pagamos,e deiade de tirar os nosos cartos,¿por acudir a eses actos os politicos cobran algo?

Anónimo dixo...

Primeiro está vde equivocado Sr. Anónimo 28 de julio de 2012 14:24, o camiño Francés o que se refiere Vde e únha sende que de Ponarnelas ia a Bai´ñon, pero non en é o Camiño de Santiago, este camiño nunca pasou por ningunha vila ou lugar de Porovincia de Pontevedra, podelo comprobar na oficina do peregrino da cidade de Santiago de Compostela.
En todo caso as alcalde do PP quere introducir unha variante por primeira vez este ano pero o que eles chama o tramo saliniense do camiño portugues, o cal adquiriu certo oficiliade, repito este ano http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2012/07/28/regreso-pasado-santo-camino-ponte-arnelas/669299.html
. Antes de falar as cousas hai que documentarse. O rito dos Padriños non ten nada que ver co camiño http://gl.wikipedia.org/wiki/Bautismo_anticipado.
O resto do que falas é demagoxia barata porque ti sabes que que a festa en Portearnelas faixe pola razón primordial que cita o articulista na nova, o demais son contos chinos.
En canto a facela festa en Fefiñans, non hai color.

Anónimo dixo...

Os políticos que nos gobernan meten a mán donde sexa con tal de conseguir fotos e mais fotos, a oficialidade do camiño portugués por Pontearnelas e buscarlle os tres pés o gato coa finalidade de ter unha excusa en donde FUNDIR os cartiños que "sobran abondo". Solo hay que fixarse nos caretos das fotos para imaxinar o resto. Ah ! si queredes a festa en Fefiñans adiante! Pero que non veña Xulio nin Escobar por favor.

Anónimo dixo...

Ti si que falas demagoxia barata,en ningun momento dixen que o camiño frances fose o camiño de santiago,tan so recordin que existe eso e mais o rito dos padriños e que por iso e moitos mais motivos ben merece unha festa,e nestas festas faise especial mencion a iso,Asi que amigo antes de falar entende o que lees,en ningun momento fixen mencion a patochada esa do novo camiño de santiago,a festa faise por darlle vida a puentearnelas,ali xa existia cine e baile fai moitos anos cando en cambados non tiñades nin tendes ainda cine,asi que amijo nin demagoxia nin pitoflautas,entende ben o que lees e depois fala.E repito si queredes unha festa desas en cambados pois facedea,pero nada de trasladar esta.

Anónimo dixo...

Sera un fracaso para vos,porque eu estuben onte ali e xente a barullo,pouco sitio quedaba para tomar o pulpo,e un moi bo ambiente.De seguro cos que fan aparcamentos nas fincas,bares...estan moi agradecidos de poder gañar uns cartos extra que coa crisis que temos veñen moi ben.

Anónimo dixo...

...unha pouca de razón non che falta,pero che fallan as formas, no 99 por cen estás metendo a zoca,corrije que vas contra as pedras !!!