13 de xul. de 2012

AS ENTRADAS PARA O CONCERTO DE JULIO IGLESIAS CUSTARÁN ENTRE 42 E 96 EUROS

Os puntos de venda oficiais serán as páxinas web do Corte Inglés e de Novagalicia Banco  e xa se pode xestionar a compra. As entradas para presenciar o concerto de Xullo Iglesias na Festa do Albariño, en Cambados, custarán entre os
42 euros para as persoas que o vexan de pé e os 96 euros para quen accedan a unha cadeira, informou Servinova. Concretamente as entradas custan 37 e  90 euros e teñen unha comisión do 6% si se encargan por telefono ou do 5% si se encargan por internet. O caché de Julio iglesias está entre 200.000 e 300.000 euros e todo o que non se recaude na praza de Fefiñans está avalado pola Xunta de Galicia que caso de deficit é a que ten que poñer os cargos xa que foron os que xestionaron a contratación. Cambados neste caso beneficiouse en prexuizo de Santiago de Compostela onde en princpio ia actuar  o polémico cantante. Ou sexa que o concerto non é custo cero.

1 comentario:

cuñarro pa que o sepa dixo...

este cantante tan amigo do pp cobra trescentosmil euros, si co a plaza chea se recaudan 50000. entonces o que falte temolo que pagar nos, como nos cerran a plaza, sendo nosa, e por encima pagamos nos o concerto, acaso o alcalde e o amo da plaza, e coma si na miña casa me cerraran a porta e dormiran na miña cama con a miña muller.este alcalde como di o da television e o puto amo de camados