27 de xul. de 2012

DUELO DE PEPEROS O DIA UN DE AGOSTO EN AROUSA.

O vindeiro día 1 de Agosto hai un forte duelo de peperos na Rúa de Arousa, Zona Sur. E explicámonos, como xa é sabido en Cambados estará o pepero mais internacional o cantante super de dereitas Julio Iglesias o único español que presume de ser español pero que non vive nin paga os impostos
en España. E por outra banda está a orquestra propiedade de Rafael Louzán, a orquestra da Deputación a famosísima e verenadisima PPanorama. Quen gañará este duelo?. Ate o de agora o misterio está no aire, Julito leva vendidos polo de agora a metade das entradas mentres  que o espectáculo de PPanorama é gratis e ademais os que opten por PPanorama poderán participar tamén no sorteo de viaxes a Punta Cana, un para dúas persoas entre os fans que asistan (é imprescindible levar o carné) e outro entre todo o público asistente. As consumicións irán dun euro a 3,5 e haberá aparcadoiro gratis. O tempo para ese día segundo meteogalicia non pinta moi ben xa que dan unha probabilidade choiva do 90% e iso significa choiva segura agora hai que saber en franxa horaria do día vai caer o maior chaparrón. Dende logo a choiva desluciría os dous espectáculos..


1 comentario:

Anónimo dixo...

En el tiempo.es o pronostico e moi diferente o de meteogalicia que nunca acerta,nunca. Sexa como sexa que a xente disfrute de estes dous concertos.