6 de xul. de 2012

"PREPOTENTES BANDEIRAS", UN ARTIGO DE MARTIN COBAS

Proliferan de súpeto, como invasores e velenosos fungos malignos, metástases corrosivas, nos balaústres e balconadas das casas e pisos que sementan a nosa poboada xeografía, tamén enriba de calquera medio ou vehículo de locomoción, un insultante e irracional nacionalismo españolista representado polos seus denigrantes escudos tatuados no centro ondeando agresivamente de soslaio o vento, negando sen ningunha clase de razón o pan e a auga a outros nacionalismos tan lícitos ou mais, que o reaccionario e estridente nacionalismo español.
Cando España era unha deprimente mistura de reinos pelexando eles mesmos entre si, na convulsa e desolada península ibérica, Galicia xa era unha consolidada nación con identificada lingua e costumes tradicionais, identificándose claramente de tódalas demais que había. Baixo o tupido –ou estúpido  velo –  do debedor e corrupto deporte rei, a despistada sociedade española e galega tapando van as súas noxentas miserias, camufladas polo invisíbel e brillante verniz das avasalladas vitorias dun puñado  reducido de privilexiados, excéntricos, tatuados, millonarios gladiadores, pateando unha inflada vexiga recuberta de coiro no mediático circo audiovisual dos axitadores estadios do barullento fútbol, facendo ridículas terapias de grupo en estrondos recintos de miles de espectadores anulando adrede a capacidade de calquera tipo de análise que poida votar luz para clarificar o futuro mais inmediato das ignorantes xentes, sen posibilidade algunha de poderse así evadir do suicidio colectivo o que sen remedio está abocado a ridícula nosa sociedade  - claro está- sempre co correspondente e desvergonzado apoio e cobertura do poder establecido, que coa astucia dos raposos o dia que España pasa a final do campionato de fútbol europeo, aproveitando a euforia colectiva, saca na prensa a débeda millonaria da Bankia e a relación de medicamentos básicos que a partires de agora teñen que pagar os eufóricos contribuíntes, maxistral xogada do goberno para que case ninguén o saiba.
Paradoxalmente  chegan por méritos propios  a final do campionato, España e Italia, os paises mais corruptos e enmerdados da Unión Europea, presididos, algún ate fai moi pouco, por un Mussoliniano presidente  corrupto prevaricador e pederasta, e outro franquista e fraguista presidente mentireiro onde os haxa, manipulador e covarde escorrendo sempre o vulto para non dar a cara dura que ten.
Compoñen esas insignes "escuadras" ou equipos, gladiadores futbolista metidos en compraventas millonarias de partidos, adulterando os seus propios campionatos, desprestixiando así tamén  a competición na que están a participar, e os outros que quedan amasan inxentes  cantidades de diñeiro, que non  tributan nos seus países de orixe enchendo e branqueando as arcas dos innumerables paraísos fiscais que abondan no mundo.
Mentres xa pagamos e seguiremos pagando as multimillonarias débedas que xeneran os clubes, a cargo do erario público   son eses mesmos   "hooligans" que aclaman con paixón as vitorias deses indignos equipos.
MARTIN COBAS, TROVADOR DOUTRO SÉCULO.

Ningún comentario: