31 de xul. de 2012

ROSA FIEL DIRECTORA DO CEIP MAGARIÑOS RECORDA A VÁZQUEZ A NECESARIA REFORMA DO PATIO CUBERTO

A comunidade educativa do CEIP Antonio Magariños está moi satisfeita co comedor escolar que estrearon fai apenas uns meses e que levaban anos demandando, tanto a ANPA, como a dirección do centro apoiados neste  aspecto polo BNG de
Cambados, con que non está tan contenta é coa Conselleria de Eduación. Así llo trasladaron onte ao conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, que visitou o resultado de xeito sorpresivo. 
Con todo, a dirección do centro aproveitou a súa presenza para recordarlle a necesidade de executar unha segunda fase que concierne á cuberta do patio cuberto, entre outras melloras, cuberta que está non estado deplorabel. Vázquez renovou “de boquilla”  o seu compromiso coa comunidade escolar do Magariños pois, segundo explicáronlle, as instalacións están deterioradas e existen filtracións de auga, con todo, non concretou datas porque entre outras cousas sabe que non se vai facer, indicando que se tratará de incluír nos orzamentos da Xunta para 2013, ou sexa que como dicimos aquí “botou balóns fora” e coidamos que non vai haber cuberta en varios anos.
O conselleiro duramente criticado este ano por todo o colectivo escolar  con pancartas en todos os centros incluido o que visitou onte, e que non tivo mais remedio que ver,  criticando os seus recortes e a súa nefasta acción na conselleria que presenta presumeu de invertir en Cambados, poero o centro segue cunhas carencias alarmantes que a directora Rosa Fiel, quen está a facer un traballo impresionante no centro,  lle fixo saber.
Na súa visita estivo acompañado polo alcalde, Luís Aragunde, o delegado José Manuel Cores Tourís, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, e a propia  directora do centro, Rosa Fiel. 
Pero o chocante da nova comentaba un pai  cun neno no centro no seu blob “Cambados Xusto”  e que escoitou  en Radio Arosa(Cadena SER) era que "no   vindeiro curso os alumnos que o solicitasen xa poderían acceder a o servizo". Pero si leva meses funcionando. Pero si esto era chocante aínda viña o mellor.....
No estracto da entrevista que puxeron as 14.20hrs con Aragunde non correxía o erro de Radio Arosa, pois si así fora teríanna correxida, pois a entrevista foi anterior a chegada do sr. Vázquez Abad.
Na entrevista o Alcalde presumía de encherlle a carteira a o Conselleiro de numerosas peticións. Agardemos que nos agasalle con algo o sr. Conselleiro, decia o blog Cambados Xusto.
O que realmente tiña que facer o conselleiro e deixar de invertir cartos na privada, e empregar os cartos na pública , é mais deberia de recoller a idea lanzada polo BNG para este centro que seria o ideal para o mesmo.

Ningún comentario: