29 de xul. de 2012

TREIXADURA EN PONTEVEDRA

Barón Rojo , Obús, Maldita Nerea, La Oreja de Van Gogh, Rosana, Kepa Junkera e o Duo Dinámico actuarán tamén Festas da Peregrina.
A semana grande das Festas da Peregrina, que se celebrará do 11 ao 19 de agosto, traerá a Pontevedra un serie de concertos para todos os gustos e para todas as idades. A praza do concello  volverá ser o escenario destas actuacións gratuítas que arrincarán o sábado, véspera da festividade da patroa, e os primeiros en subirse ao escenario serán Barón Rojo e Obús. 
O domingo tocaralle a quenda a Maldita Nerea, o luns a La Oreja de Van Gogh, o martes Rosana, o mércores Treixadura e Cantigas e Agarimos, o jueve música disco de Máxima FM, o venres Kepa Junkera e Xosé Manuel Budiño. E para rematar a semana, o sábado celebrarase o espectáculo infantil Brinca Bolechas e o domingo actuará o Dúo Dinámico.
A concelleira Carmen dá Silva avanzou onte esta programación musical, que pretende agradar a todos os públicos. O orzamento das festas de verán 2012 que vai de xullo a setembro ascende este ano a 940.000 euros, 30.000 menos que na anterior edición.
A actuación do grupo mais importante de Galicia nos últimos tempos, Treixadura será o 15 de Agosto ás 22 horas na Praza do Concello. A entrada é gratuíta.

Ningún comentario: