3 de xul. de 2012

YAGO CASAL SEGUE NO XUVEN

Yago Casal continuará no banco do Establecimientos Otero Xuventude unha tempada máis. O técnico e a xunta directiva do club de Cambados selaron o acordo na reunión que mantiveron na noite do luns. A tardanza en asinar a renovación debíase ás
dúbidas que tiña o preparador debido ás dificultades de compatibilizar o seu traballo na Coruña coa preparación do conxunto de Cambados. "Quixen devolver todo o que me deron durante a tempada", afirma o preparador. Xunto a Casal continuarán no club os outros membros do corpo técnico: Manu Santos, Manu Felpeto e Iria Romarís. Unha vez confirmada a continuidade do técnico, o club comezou xa a preparar o deseño do cadro de persoal. "Pedín que renoven aos once xogadores da pasada tempada", di Casal, que tamén sabe que iso será unha misión imposible.
                            
                                           
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


Ningún comentario: