A LX Festa do Albariño será este ano máis pepera se cabe pois ademais de ofrecer o “mollo” dos seus viñas, a carpa de degustación gastronómica ofrecerá produtos do seu mar a prezos populares, e nunca tan ben dito o de populares non
polo barato dos prezos, senón por quen o xestiona. E é que a empresa “Porto de Cambados” fíxose cargo do servizo tras quedar deserto o concurso de adxudicación aberto polo Concello. E preguntome eu, en vez de darlle os cartos a unha empresa privada porque non se lle ofreceu a explotación desta carpa onde no albariño se van a recaudar moitos cartos a Esperanza Salnés para que esta organización tivera así un medio de financiación a maiores perante os recortes que o goberno do Partido Popular e da xunta de Galicia, están a facer no eido asistencial.

![]() |
| Benito, Mar e Touris, eles se o comen , eles se o guisan. |
Así, a caseta abriu as súas portas onte mesmo, para aproveitar o fin de semana e con gran éxito, segundo a xerente de “Porto”, Mar Ambroa. Ata o día 12 ofrecerá gran variedade de mariscos cambadeses, así como algún bocadillo, sobremesas varias e viño pero unicamente mentres non abren as casetas de degustación de albariño no céntrico paseo da Calzada.
Para pór en marcha a iniciativa, a firma ten contratadas a sete persoas e unha vez empece o evento vitivinícola, reforzarase o persoal pois, cabe recordar, espérase a chegada de 20.000 persoas diarias e unhas 250.000 de face ao fin de semana.
Porto de Cambados creouse a finais de 2011 para asumir a comercialización da vieira da ría de Arousa. Intégrana tres socios: Mariscos Veiro, Mar Ambroa e a confraría de pescadores, que é o maioritario. O seu nacemento coincidiu cunha das peores campañas de vieira da última década, debido a que a toxina amnésica apenas permitiu extraela durante un mes.
Como di o outro todo queda na casa, entre os do PP se o comen e se o guisan. Penso que ainda que Augusto tamén é un home do PP polo menos a asociación que rexenta está mais necesitada de cartos que estas empresas que xa teñen a sua vida comercial durante o ano. Luis debia de pensar menos en darlle cartos os ses amigos e tratar de darllos a quen realmente os necesita.
.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario