Xaquin Xesteira acaba de publicar a seguinte carta no seu fecebooK, contestando así as mentiras absurdas dun esperpéctico Alcalde de Cambados, reproducimola integramente a continuación, a contestación titulase:
Sen intención de seguir dándolle voltas ao tema que todos sabemos, que aparece nos medios de cumunicación, gustaríame precisar varios puntos a título persoal, posto que ademáis, síntome por aludido nalgunha das declaracións do equipo do alcalde:
Ante todo, non sabía eu que un cuarteto de música tradicional como OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, puidera xenerar tanta polémica que ata o Alcalde, ou o seu gabinete, responde públicamente a unha carta coas nosas reflexións que enviamos a varios espazos na rede.
O equipo do alcalde di que non quere xenerar polémica: pois que aprendan a organizar un evento dende o seu xerme e avisen aos máis relacionados co protagonista en primeiro lugar, e non en último.
"naceu coma unha iniciativa dos grupos cambadeses, que desexaban que o concello o organizase, sen custe algún para as arcas municipais": qué casualidade, levan dous anos seguidos que os grupos de Cambados queren organizar unha homenaxe (con esta sería a terceira). Quénes son eses grupos? Por qué non din qué grupos son? Porque os membros doutros grupos din que lles chamaron...Este Concello ten moita sorte, ningún artista lle cobra, as empresas de deseño tampouco, igual as de produción de concertos: os empregados de EMSAC Carrera igual non cobran a final de mes por montar escenarios...(escenario que o aluguer custa máis ou menos entre 6.000 e 8.000 €/día). Isto é unha marabilla. Solo algúns somos necios por cobrar polo noso traballo. Ah! claro... hai que arrimar o ombreiro... E declarar a Facenda en paraísos ficais, como algún.
Creo recordar que hai dous anos (2010), para o de Secundino Abal, chamáronnos a unha reunión para organizalo, era evidente; no inverno anterior (2009), o concello foi a Vigo ao Homenaxe ó Gaiteiro, organizado polo CCRAC de Coruxo porque un dos homenaxeados era Secundino, debido á miña intermediación dado que dende os organizadores preguntáronme se coñecía a algún gaiteiro ao que homenaxear. Penso que ahí se lle encendeu a bombilla para poder facelo en Cambados; aínda que en Vigo páganlle aos grupos participantes, de feito, Os Faíscas participaron no ano 2008 e Treixadura en dúas ou tres ocasións máis en anos anteriores. Pois nese ano xa, puxéronnos na propaganda antes de ter esa reunión. Non pasa nada...
No ano pasado, vemos que estamos nun cartel colgado do concello, concretamente o día 16 de xullo a mediodía que estabamos tocando na Festa do Carme e a Vieira contratados polo Pósito, anunciando un festival folclórico...que remata sendo unha homenaxe aos Danzantes de Cobas. Con nós ninguén falara, ao parecer un fallo de imprenta...en fin...o día anunciado era o 31 de xullo de 2011 ás 20 horas. Os Faíscas levamos tocando 20 anos seguidos na Festas de Santa Marta en Pontearnelas os días 29, 30 e 31 de xullo, contratados polo párroco de Oubiña. Concreto con Mané (gabinete do Alcalde) a miña presencia no festival no comezo para facer entrega do agasallo para os Danzantes, xa que ás 20:30 h. tiña que estar en Pontearnelas. Eran as 20:20 h. e o Festival, tan ben organizado, aínda non comezara. Teño que marchar e déixolle encargado a un membro doutro grupo a entrega do agasallo aos Danzantes.
3. "a comezos de xullo cursamos invitación a Os Faíscas para expresarlle a intención do concello de organizar esta homenaxe, pero nós estabamos abertos a estudar outras posibilidades": efectivamente, comunicáronse con nós.
O día 10 de xullo de 2012 (festividade de San Cristobal) chamaron ao que subscribe este escrito dende o Concello de Cambados, eran arredor das 11 da mañá. A pregunta da funcionaria que me falaba díxome o seguinte: "Chamaba por si queríades Os Faíscas participar na Homenaxe que o Concello, cos grupos de Cambados, vanlle facer a Ernesto Abal, e se tí sabes dalgún grupo ao que a el lle gustaría que estivera".
Ao mesmo tempo que estaba falando coa funcionaria, estábame entrando unha chamada; era o meu compañeiro, O Chilro. Evidentemente, quedei sorprendido que o Concello de Cambados quixera facerlle unha homenaxe a Ernesto, despois de rexeitar a proposta da oposición, como sabemos todos agora, cun simple: non estamos dacordo (imaxe 1). A miña contestación á funcionaria foi que me chamara dentro de dúas horas, debido a que tiña que consultalo cos compañeiros.
IMAXE nº 1 (preme na imaxe para vela ampliada)
Púxenme en contacto co Chilro, e el realizou a comunicación anterior porque lle chamaran dun grupo de Cambados para avisalos para tocar na homenaxe de Ernesto, e nos preguntaban se sabiamos algo nós...Xa nos demos de conta que non fumos nin os segundos aos que chamaron. Ao momento, poñémonos en contacto coa familia e...non sabían nada do tema.
Ás dúas horas, chámanme do Concello outra vez, pero eu estaba nunha reunión e non podía responder. Entón, entre os tres Faíscas, fixemos unha contestación que enviamos por correo electrónico o día 12 de xullo de 2012 (imaxe 2), porque o 11 de xullo é festivo en Cambados. Enviámosllo ao correo particular da funcionaria, porque tamén me pediu outra información doutro tema que, por suposto, lla facilitei.
Ninguén nos invitou a propoñer unha alternativa. De feito, e como figura no correo que se lle enviou á funcionaria, queriamos, sobre todo, que o responsable do evento soubera a nosa opinión. E eu díxenlle vía teléfono, tamén o día 12 de xullo, á funcionaria, que se quería poñerse en contacto conmigo o responsable, que estaba á súa disposición, como estiven outras veces para pasarlle información sobre algún dos homenaxeados...
Unha vez contestada a proposta de "se queriamos participar no Festival-homenaxe", eu só pensaba...espero que o teñan claro e que non aparezamos no programa...e...bingo!!!
Creo recordar que sacaron a programación de festas o día 24 de xullo de 2012, e o día 25 chámame un amigo, estabamos os Faíscas tocando en Santiago de Compostela contratados pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e dime este amigo: "aparecedes no programa das Festas do Albariño o día 10 de agosto, Festival Folclórico e Homenaxe a Ernesto Abal". (imaxe 3).
Imaxe Nº 3 (Preme na imaxe para vela ampliada)
Igual tamén foi un erro de imprenta. Pero normalmente, cando organizas algo, primeiro contratas e logo escribes o programa. Senón é como botar o carro diante dos bois, como din os vellos.
Nese instante foi cando decidimos que, chegado o momento, deberiamos deixar constancia publicamente da nosa decisión, xa que nin se quera se molestan en sacarnos do programa ou, teoricamente, en non poñernos. NON SE PODE XOGAR COS NOMES DOS GRUPOS, SOBRE TODO, COS QUE AO MELLOR VEN XENTE DOUTRO SITIO A VELO E LOGO NON ACTÚA NO FESTIVAL OU O QUE SEXA. HAI QUE SER SERIOS CON TODOS, COS GRANDES ARTISTAS E INTERNACIONAIS E COS QUE RECORREMOS AS PARROQUIAS DE GALICIA ANDANDO, LEVANDO A MÚSICA TRADICIONAL ÁS CASAS, CADA ÚN NO SEU, SEÑORES.
4. "igual ca outros membros do grupo (en referencia a Os Faíscas) viñeron prantexar propostas de actuacións, puideron propornos outro formato de homenaxe que eles considerasen máis apropiado, o cal poderíase estudar e coordinarse. Pero só se negaron sen propor ningunha alternativa, mentres que o resto dos grupos cambadeses apoiaron a homenaxe sen condicións": Neste apartado eu doume por aludido, debido a que fun ao concello a ofertar o espectáculo de TREIXADURA; tanto este ano como o ano pasado. Este ano non recibín ningunha resposta, logo de que na entrevista co alcalde incluso falamos de días posibles, que era o día 1 de agosto, pero claro, Julio Iglesias ofertou mellor. Digo isto porque o alcalde díxome que eramos moi caros, despois xa o entendín, porque Julito non lle cobraba nada, supoño que nin sequera os gastos de produción, que poderían ser unhas 6 ou 7 veces máis que o noso caché. Nos somos unha empresa de Cambados, pero claro, non hai que axudar ás empresas locais, que igual logo marchan a un paraíso fiscal a non declarar os centos de miles de euros que gañan, e logo, perde o Goberno de España.
Foi máis simpático o ano pasado, porque despois de ir falar co Alcalde unhas 4 ou 5 veces, el sempre me decía que ía facer o posible, pero que a ver...a interventora era a que tiña que decidir (eu sempre pensei que quen contrataba era o equipo de goberno, pero igual agora a interventora é a que impón os seus gustos...Ah!!! o ano que ven falarei directamente coa interventora e pasarei do Alcalde...a ver se hai sorte...) Bueno, o asunto é que o último día que falei con el foi o día 7 de xullo de 2011, logo de esperar case 2 horas a que me atendese. Nesa xuntanza, díxome que lle chamara o luns, que me concretaría, pero o luns, se botamos contas, era San Bieito. Entón que o chamara o martes que xa me daba unha resposta fixa...Para a miña sorpresa, ao día seguinte, o Concello presenta nos medios de comunicación os concertos do Albariño, eu estaba fora de Cambados tocando e non me enterei...e así pasaron tres días...e o martes seguinte chamei ao Alcalde, e a resposta foi que a inteventora dixo que non. COMO SE NON PASARA NADA, E XA PRESENTARAN OS CONCERTOS...EN FIN...
Para a informacion de todos, efectivamente Treixadura xa tocou en Cambados:
1992: Presentación do grupo. O grupo tocou gratis (non cobrou o caché pero o concello tivo que pagar o equipo de son (300 € - 50.000 pts. daquela...saíu máis caro que Julio Iglesias, que non cobrou nada, segundo a prensa).
1996 - 97: Contratados pola Confraría de San Roque
2006: Contratados por Caixanova, daquela, incluso o Concello quixera cancelalo, pero xa tiñamos o contrato firmado con Caixanova.
2007: Contratados polo Xacobeo no acto do Premio Ramón Cabanillas, organizado polos libreiros de Cambados. Neira Vilas era o premiado ese ano.
2008: Contratados pola Asociacion Cultural Unha Grande Chea para o Serán Ramón Cabanillas.
2010: Contratados pola Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados. Para as festas do Carme e San Antonio. Igual alguén pensa que o Concello colaborou, pero pagou íntegramente o caché o Pósito.
Contratados polo Concello de Cambados: NUNCA
5. "unha vez que a familia díxonos que outros grupos queren sumarse a esta homenaxe, acordamos celebrar o festival folclórico xa programado e pospor o merecido tributo a Estesto Abal para outra data": Por qué non decides cándo llo comunicáchedes á familia? foi o día 7 de agosto pola mañá? o día que recibín eu un correo electrónico dando explicacións (imaxe 4) que non tiña porqué darmas o Gabinete do Alcalde, debido a que nós non iamos ao evento? NON PLANIFIQUEDES TODO CON TANTO TEMPO...NON VAIA SER...Se á familia lle comunicarades o evento a principios de xullo coma dicides vos, non vos daría tempo a planificalo?...En fin, as desculpas, pódense inventar...
Imaxe Nº 4 (preme na imaxe para vela ampliada)
O día 7 de agosto, martes, estabamos redactando a carta que enviamos aos blogs, cando recibimos unha chamada dun/ha compoñente dun grupo de Cambados dicíndonos que se suspendera a homenaxe. Nós seguimos traballando no noso cometido, máis que nada para que a xente soubera que coa dignidade das persoas non se xoga.
A verdade é que choca un pouco o porqué da cancelación. A explicación do Concello é que había máis grupos que querían participar, pero non sabemos qué grupos son...ou estes tantos grupos decidiron o martes chamar ao Concello para expresarlle a súa intención de participar?...Estas disculpas non as entendo...porque se o evento estaba anunciado no programa desde o 24 de xullo...sigo sen entender...E...ademáis, no festival folclórico só participaron catro formacións de Cambados e segundo me contaron, non chegou a durar unha hora.
O correo electrónico ao que fago antes referencia foi contestado dous días despois (imaxe 5) e 40 minutos despois de enviar ese correo, envío outro, pedindo en nome dos Faíscas unha entrevista co alcalde para expresarlle a nosa indignación con todo o que estaba a pasar (imaxe 6). Por qué non o fixemos antes? simplemente, antes de que saíra o programa de actos, non tiñamos nada que dicir, posto que xa contestaramos á invitación a "participar". E logo, desde o día 28 de xullo ata o 6 de agosto, incluídos, estivemos tocando en diversas festas. Este último correo non foi contestado por parte do Gabinete.
Imaxe Nº 5 (preme na imaxe para vela ampliada)
Imaxe nº 6 (preme na imaxe para vela ampliada)
6. "desde o Concello sempre mostramos o máximo respeto polo traballo dos grupos folclóricos do municipio, aos que lles agradecemos a súa entrega e colaboración": Creo que desde a miña persoa, sempre respetei, respeto e respetarei o traballo do todo o mundo, así como as diferentes actividades que se fagan. Simplemente opino que se hai presupostos para pagar a uns artistas, os demáis, fagan o que fagan, deben ser remunerados tamén. Ao fin de contas todo é traballo.
CONCLUSIÓN
Non hai máis ánimo de polémica, eu quixen deixar plasmado como foi este proceso, para que os queirades informarvos saibades realmente a capacidade de organización deste Concello. Ata o momento nunca me neguei a colaborar en nada, como moitos sabedes. A mín o que me gusta é a música e pola música fago o que sexa, pero sempre con dignidade, sobre todo se estamos a falar de música tradicional, e coa verdade sempre por diante.
Grazas a todos pola vosa atención.
Ata sempre.
Xaquín Xesteira.
1 comentario:
COA DIGNIDADE NON SE XOGA, ESTE GOVERNO PARA NON DAR UN CAN TÁPASE CO INTERVENTOR COMA SEMPRE,SO QUEREN QUE TRABALLEN GRATIS PARA PODER DISPOR DOS CARTOS PARA CAMBALACHADAS, "FAISCAS" FIXÉCHEDES COMA DEUS, ESTES NON MERECEN NIN O AIRE QUE RESPIRAN.
Publicar un comentario